GMH/ÍNDICE A-Z

318
1334, maio, 26
Roi Vázquez véndelle a Pedro López o igrexario que ten en Santa María de Cela e o quiñón do castiñeiro no mesmo lugar por 200 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/23, perg. orix., galego, gótica cursiva, 144x90 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Roy Vaasques dito Coyra de bon curaçon vendo a vos, Pedro Loples de Rodeyro, o meu igregareo que aio na eyra de Santa \Maria/ de Çelle con padroadigo d’apresentar, o qual igregareo aio por meu padre Vaasco Oveques; et mays vendo o meu quinon do castineyro en Gercoce pena Carvall, sub o dito sino. Et reçebbo de vos en preço por esta vençon duçentos \soldos/ da moeda del rey don Affonso de que me outorgo por ben pago et entrego, et obligo min et todos meus bees gaanados et por gaanar a vos façer esta vençon de pas.

Feyta a carta viinte et VI dias andados de mayo, era de mill et CCCos et LXXª et dos annos.

Testemoyas que foron presentes: Arreas Eanes et Fernan Martines et Fernan Eanes, moradores en Brea, ts.

Et eu Fernan Ferrnandes, notario plupico (sic) dado por lo bispo de Lugo en terra de Pallares et no couto de Ferreyra, a esto presente foy et a rogo das partes esta carta escrivy et puge y meu nome et meu signal.

Entreliney esta carta hu diçe Maria que foy erro, et hu diçe soldos.