GMH/ÍNDICE A-Z

258
1342, setembro, 24
venda

Fernán Ares, dito Calvelle, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle a terceira parte dun casal en Vilarchao (freguesía de San Miguel de Calvelle) por 100 mrs.

ACOu, Escrituras XIV, 98

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernan Ares dito Calvelle morador en Ourense, criado d’Ares Gonçalves que foy de Calvelle e fillo de Marina Anes moller que foy de Gonçalvo de Calvos, por min e por toda miña voz vendo a vos Loppo Rodrigues escudeiro de terra d’Aguyar fillo de Rodrigo Ares que foy cavalleiro e de Aldonça Rodrigues, a terça parte de hun casal que eu ey enno lugar hu chaman Vilariño Chao que e enna friiguesia de Sam Miguel de Calvelle, o qual cassal foy de Gonçalvo Yanes cavalleiro que foy morador en Calvelle e de donna Tereyia sua moller. Vendo a vos a terça parte do dito casal con suas arvores e terreos, cortinas, cassas, seydos a monte e a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereytos e perteenças de disemo a deus e livre e quite doutro enbargo, assy que vos e vossa vos para senpre aiades e pessuyades a terça parte do dito casal e façades del toda vossa livre voontade o que vos aprouver. Ca outorgo e conosco que reçiby de vos todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por ello dardes, conven a saber çen mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso de oyto en soldo o mor., os quaes ey ia en meu jur e en meu poder e os reçiby de vos en diñeiros feytos e contados en presença do notario e tests. sub escriptas. Et todo jur, dereito, senorio, possisson, propyadade, vos e auçon que eu ey e de dereyto devo a aver enna terça parte do dito casal todo o tollo e removo de min e de toda miña vos e poñoo en vos o dito Loppo Rodrigues e en toda vossa vos por esta presente carta. Et obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar para vos anparar e deffender a dereito para senpre con a dita vendiçon. Et quen quer assy da miña parte commo da estraya que contra esta carta e venda que vos eu faço quiser viinr en parte ou en todo aia a yra de deys e a miña maldiçon et peyte aa vos del rey por nome de pena çen mor. e a vos ou a vossa vos o preço dobrado e a pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valledeyra para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte e quatro dias de setenbro, era de mill e tresentos e oyteenta annos. Tests. Johan Domingues de Caldellas, Martin de Canba, Johan Lourenço carniçeiros e Johan Yanes dito Carneyro mercador morador en Ourense.

Et eu Gonçalvo Yanes notario d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvy e meu nome e signal y fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Vilariño Chao na friguesia de Calvelle.