GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

131
1313, abril, 29
Sancha Eanes véndelle a Mateo Pérez, clérigo, a cuarta parte dunha casa en Portomarín por 280 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 130x207 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Sancha Iohanes, muller de Vivyan Ferrnandes, çapateiro que foy, por min et por mias fillas que ayo do dito Vivyan Ferrnandes, et por toda mina vos, a vos Matheu Peres, clerigo, et a todas vossas vozes, vendo a quarta da cassa que esta entrella cassa de Iohan Nunes de Riba de Neyra, da huna parte, et da outra parte a cassa que foy de Adane. Esta cassa vos vendo con todas suas dereyturas et pertenenças, con suas agoas vertes, commo ven do rio do Minno, et sal na rua do Caminno Françes en Portomarin, eno burgo de Portomarin enna parte do arçobispo, su signo de San Pedro. Et reçebi de vos en preço por esta vençon dusentos et oyteenta soldos da moneda del rey don Fernando que fasen [...] que a min et a vos ben prouvo, de que me outorgo por ben pagada; et se algen da mina parte ou d'estraya vos quisser enagear ou demandar, peyte a vos del rey quinentos sesenta soldos, et a vos quanto vos demandare en dobro. Et eu por min et por mina boces outorgo de vos anparar con esta vençon a todo tempo.

Feyta a carta viinte et nove dias de abril, era de mill et CCC LIª annos.

Os que presentes foron: Affonso Domato, clerigo; Fernando de Seyxon, çapateiro, et seu ienrro Miguel Eanes; et Iohan Arcoyra, çapateyro; Pedro Fernandes, scrivan.

Et eu Iohan Escrivam, notario en lugar de Iohan Peres notario publico de Portomarin da parte do arçobispo, a esto pressente fuy et a rogo da dita Sancha Iohanes esta carta escrivi et puge y meu signo que tal he en testemoyo de verdade que tal he.(+).