GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

219
1326, maio, 8
María Lourenza afóralles a Xoán Pérez e á súa muller e a unha voz propiedades en Lourente, freguesía de Santa María de Saa, por tres cuartas de pan e 30 soldos anuais.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/13, cart. part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 127x195 mm.

Era de mill et CCC et LXIIIIº, oyto dias de mayo. Sabeam quantos esta carta viren commo dona Maria Lourença, filla que foy de Lourenço Peres [et] de dona Maria Fernandes de Riba de Neyra, con outorgamento de seu marido Aras Peres, el pressente et outorgante, por min et por toda mina vos faço carta et a afforo a vos, Iohan Peres de Lourent, et a vossa muller, Maria Iohanes, et a un amigo ou amiga qual nomear o pustrimeyro de vos a seu passamento, todo quanto herdamento et vos eu aio en Lourente, a monte et a fonte peru quer que vaa sub signo de Santa Maria de Saa, a a tal pleito que o lavredes et paredes ben et me diades ende cada anno enno mes d’agosto tres quartas de pan en esta gyssa: os dous quartos de ceveyra et un quarto de çevada, pela tega dereyta, do mellor pan que ouver enna herdade salvo a semente, et por todo-llas outras coussas que y ouver dardes-me cada anno trinta soldos da moneda branca del rey don Fernando ou a contia delles por Sant Martino, et se veer grando ou geada que se estyme a mandado de dous omes boos, un da vossa parte et outro da mia; et as pessoas que veeren de pus vos seeran meus vassallos serventes et ovidentes connas mias deyturas, et daran a seu pasamento cada unna dellas quando acaeçer, por loytossa, çinco soldos da boa moneda ou a contia della, et eu anparareios a dereyto con este foro. Et a morte do pustrimeyro amigo que fique mia herdade livre et quita con todos boos paramentos que y foren feytos a min ou a quen veer en mia voç. Et a parte que contra esta carta quisser pasar et assy non comprir peyte a outra parte Lª maravedis da moneda branca de rey don Fernando et a carta seia firme et valedeyra.

Testemoyas que presentes \foron/: Rodrigo Gomes de Boox et Iacome Eanes omes de [...] Peres [...] morador en Lor, Pedro Fernandes de Castro morador [...] et Fernan Peres de Lourente.

Et eu Pedro Elias a rogo das partes sobreditas esta carta escrivi partida por a.b.c., por mandado de Diego Martines, notario publico del rey en [...]. Eu Diego Martines, notario sobredito, en esta carta que o dito Pedro Elias escrivio por meu mandado puge este meu signo que tal es en testimonio de verdade (+).