GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

769
1377, xuño, 5. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao cóengo Fernando Pérez e a dúas voces dúas casas situadas nas cortiñas de San Román por renda anual de 32 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 88v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo iuntados enno coro da dita iglesia en capitullo por campaa taniuda, segundo avemos de usso et de custume, afforamos a vos Fernando Peres, coengo de Lugo, por vosa vida et de outras duas perssoas, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear a perssoa que vos nomeardes em vosa vida ou a tempo de voso finamento, as nosas duas cassas, que som dos aniversarios, que estan enna çiudade de Lugo enas Curtinas de San Romao a o travado, sub signo da capella de Santiago de Lugo, ennas quaes casas ora mora Iohan Miguelles, piliteyro, et seu fillo, Afonso Yanes, as quaes casas estan da huna parte a par de outra casa de San Bertolameu, et da outra parte outra casa nosa dos ditos aniversarios, que tem de nos Garçia Rodrigues, clerigo, aforada; et vos et as ditas perssoas avedes a manteer as ditas casas en boo estado et reparardellas do que lles comprir, et dardes, cada anno, dellas vos et as ditas perssoas a nos o dito cabidoo, ou a quem por nos recadar os ditos aniversarios, triinta et dous moravedis, de dez dineyros cada moravedi, de la usual moneda en paz et en salvo, et pagardellos segundo se pagan os otros foros dos aniversarios; et o tempo acabado de vos et das ditas perssoas avedes a leyxar as ditas duas casas feytas livres et desenbargadas a o dito cabidoo con todos llos boos paramentos que en ellas esteveren feytos. Et eu o dito Fernando Peres, coengo, que estou presente asy reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito foro, et obligo min et nosos bees para pagar eu et as ditas perssoas o dito foro cada anno et para atender esto que sobredito he. Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy vos outorgamos todo esto que sobredito he et prometemos de o comprir, et que esto seya çerto mandamos a Ares Peres, coengo, et notario publico de Lugo, que feçese desto escripvir duas cartas en hun tenor.

Feyto foy esto en Lugo enno coro da dita iglesia, çinquo dias de iunyo, era de mill et quatroçentos et quinze annos.

Testemoyas que a esto foron presentes: dom Gonçalvo Yanes, thesoreyro de Lugo; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; dom Pedro Ares, arçidiago de Triacastella; Thomas Gomes, coengo; [don Diego] Gomes, thesoreyro; Afonso Ferrnandes et Roy Lopes, coengos; Alvaro Ferrnandes, Iohan Garçia, Iacome Ferrnandes, Ruy [...] de Quyroga, et outros.