GMH/ÍNDICE A-Z

114
1316, febreiro, 25
venda

Eufemia Martínez e os seus fillos véndenlle ao bispo Gonzalo o seu herdamento cerca da forca e no Vao, con cargo de 9 libras de aniversario, por 1970 mrs. da moeda do rei don Fernando e 1000 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Bispo, 101

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que nos Ouffemea Martinez moradeyra em Penavigia, moller que foy de Roy Peres mercador que foy d’Ourense et eu Ouffemea Rodriguez filla desta Ouffemea Martinez e do dito Roy Peres, por nos e por Françisco Rodrigues fillo do dito Roy Peres e de min Ouffemea Martines e por toda nossa voz, vendemos e entregamos por esta carta a vos onrrado padre e señor dom Gonçalvo pela graça de deus bispo d’Ourense e a toda vossa voz pera senpre todo quanto erdamento lavrado e por lavrar, viñas e figeyras nos e cadauna de nos avemos e nos perteençe e deve perteençer de dereito tan bem de parte do dito Roy Peres commo en outra maneira qual quer, a su a forca commo deçende contra a agoa do Myno, e enno Vao e en todos seus termyos. Que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades o herdamento e vinas e figeyras sobreditas con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de dizemo a deus e nove libras de brancos da moeda de nove del rey dom Fernando de que contan xlª pares de diñeiros novos por tres libras, de noverssario cada anno ao cabidoo d’Ourense e livres e quites de todo outro foro, renda, noverssario e de todo outro enbargo, assi que façades deles livremente vossa voentade e o que vos aprouver. Ca outorgamos que reçebemos de vos ben e conpridamente todo aquel preço que a nos e a vos por esto aprouvo, conven a saber mill e noveçentos e seteenta mor. de brancos da moeda de nove del rey dom Fernando e mill mor. da moeda portuguesa que ora corre de que contan xvi pares de diñeiros novos por tres mor., dos quaes nos outorgamos por bem pagadas em esta guisa, quitastesnos dos mill e noveçentos e seteenta mor. de brancos que eu Ouffemea Martinez e o dito meu marido Roy Peres devyamos a Pero Reymondez coengo que foy d’Ourense por hun estromento feyto por Johan Fernandes notario desse lugar e sinado do seu sinal, o qual estromento nos logo entregastes, et os mill mor. portugueses nos pagaastes en presença do notario e tests. suescritas, et de mays quitastesnos aynda das vendas dos moordomos. Et se aquesta vendiçon agora mays val ou valuer daqui endeante en alguun tenpo essa mayoria damos e outorgamos a vos en doaçon para senpre, assi commo doaçon mellor e mays firme pode seer feyta ontre vivos, por moyto bem e merçee e deffendemento que vos e o bispo dom Pero que foy vosso tyo e aqueles onde vos viides fezestes ao dito Roy Peres e a min Ouffemea Martinez, que val moyto mays ca esto. Et logo todo jur, voz, senorio, possissom, propiadade e dereito que nos e o dito Françisco Rodrigues ou cadaun de nos avemos e nos perteençe e deve de dereito em qual quer guisa perteençer no herdamento e vinas sobreditas, todo o tollemos de nos e do dito Françisco Rodrigues et poemos vos o sobredito señor obispo e toda vossa voz en corporal possissom deles por esta carta. Et renunçiamos que non venamos contra esto nen digamos ende o contrario. Et outrossi renunçiamos que non possamos dizer em nenhun tenpo que non reçebemos de vos todo o preço sobredito e que o non avemos ia en nosso jur e em nosso poder bem e conpridamente. Outrossi renunçiamos que nunca possamos dizer que en esta vendiçon fomos enganadas en mays ca a meatade do justo preço, assi que se o dissermos que nos non valla nen seiamos y oydas, e a todo dereito e deffenssoens e boas razoens que por nos podriamos aver e alegar tan ben de dereito commo de foro e duso e de custume que nos non vallan em juyso nen fora de juyso. Et outorgamos anparar e deffender vos e toda vossa voz a dereito con esta vendiçon tan ben do dito Françisco Rodrigues commo doutre quen quer que vola demandar ou enbargar quiser por nos e por todos nossos beens gaanados e por gaanar. Et quen quer que contra esta carta veer aia a yra de deus e a nossa maldiçon et quanto demandar peyteo a vos e a vossa voz dobrado e aa voz del rey peyte por pena mill mor. da boa moeda et esta carta fique firme e valla senpre. Feyta a carta en Ourense xxv dias de fevereyro, era de mill e cccos liiiiº annos. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes foron Affonso Viviaez coengo, Lourenço Eanes Çeleyroon e Pero Martinez yrmao da dita Ouffemea Martinez, Estevo Domingues capelan de Santa Ouffemea, Sancho Fernandes clerigo do bispo e Martin Fernandes porteiro.

Et eu Affonso Eanes notario jurado en Ourense por nosso señor o bispo e pola ygleia desse lugar que a esto por rogo e outoridade de don Bertholameu Perez chantre e chançeler da igleia d’Ourense presente foy e en miña presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)