GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

225
1336, xaneiro, 21 (San Pedro de Rocas)
foro

O mosteiro de San Pedro de Rocas afóralle a Lopo Rodríguez de Sabadelle un casal en Vilarchao, unhas leiras en Ferreirós e castañas en Calvelle por catro fanegas de centeo.

ACOu, Escrituras X, 17

(ed. E. Duro Peña, El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, 181-182, doc. 70)

Sabean quantos esta carta viren como nos don Johan Eanes prior do mosteiro de Sam Pero de Rocas e o convento desse meesmo lugar, damos e outorgamos a foro a vos Lopo Rodriguez escudeyro d’Aguyar fillo de Rodrigo Areas e d’Aldonça Rodriguez de Calvelle e a toda vossa voz para por senpre, conven a saber hun nosso casal que nos avemos en Vylarchao que he da nossa oveença da coziña e iat na friiguesia de Sam Miguel de Calvelle, a que chaman Sylvela. E damos vos einda a leyra das Fonteenlas e a que iat en Ferreyroos aly u chaman Puçil de Porcos, as quaes leyras tevo Thome Lopez en aprestamo do dito mosteiro. Einda vos y damos as castañas que nos avemos na dita friiguesia de Calvelle, que façan a vos o foro delas que an de fazer ao dito mosteiro. O dito lugar con as ditas leyras e castañas vos damos a monte e a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereytos e pertiinças por tal condiçon que dedes ende cada ano ao que for oveençal da coziña por dia de Santa Maria dagosto quatro fanegas de çenteo por tega dereyta de quatro çeramiins por qual conpram e vendem en terra d’Aguyar, e o pan seia pagado na dita friiguesia de Calvelle. E vos esto todo conprindo aiades e pessuayades o dito casal con as ditas leyras e castañas en jur derdade vos e toda vossa voz para por senpre. Outrossy poñemos que a herdade non se partea e seia senpre hun pessoeyro que pague ben e conpridamente o dito çenteo ao dito mosteiro. Dezemos einda que non mandades nen assynedes anyverssario pelo casal sobre dito nen pelas leyras senon ao dito mosteiro. Outrossy poñemos se quiserdes vender ou deytar ou enpiñorar o dito lugar con as ditas leyras ou parte del primeyramente o vendede ou deytade ou enpiñorade ao dito mosteiro ante ca a outre por justo preço, e se o o mosteiro non quiser reçeber enton o vendede ou deytade ou enpiñorade por mandado do dito mosteiro a atal home unde o mosteiro aia o seu dereyto assy commo o deve aver de vos. Et para esto conprir eu Lopo Rodriguez sobredito obrigo ao dito mosteiro todos meus beens gaañados e por gaañar para pagar o foro sobre dito. Quen esta carta britar assy duna parte como da outra peyte a parte querelosa cem mor. da boa moeda e a carta fique firme e estavyl. Que presentes foron Johan Perez o alto vestiareo, Johan de Souto, Martin Mendez monies do dito mosteiro, e o prior e o convento presente e outorgante. Reynava en Leon e en Castella rey don Afomso, bispo en Ourense don Vasco Perez, tiiña Aguyar Johan Perez de Novoa. Feyta a carta no dito mosteiro, xxi dia andados do mes de janeyro, era de mill e ccclxxªiiiiº anos.

E eu Fern[an] Eanes notario do dito mosteiro que a esto presente foy e por mandado dos ditos prior e convento esta carta escrivy e meu synal y fix en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Calvelle.