GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1045
1437, xuño, 24 luns. Lugo

O prior e o convento de San Domingos de Lugo outórganlle poder a frei García de Ulloa para vender unha casa na rúa Nova.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/3 (bis 1), perg. orix., galego, cortesá, 245 x 440 mm; Tumbo Viejo, docs. soltos nº 100.


   

Sabeam quantos esta carta virem como nos o doutor frey Pedro de Aguiar, prior do Moesteyro de Sam Domingo de Lugo, et frey Alvaro da Sumoça, et frey Gomes de Deus, et frey Rodrigo Ares, mestres en santa theolesia, et a mayor parte dos frayres et convento do dito Moesteyro, nos todos estando juntados en noso capitolo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, damos et outorgamos todo noso poder comprido a vos frey Garçia de Ulloa, doutor frayre do dito noso mosteyro, que estades presente, para que por nos et em noso nome et do dito convento et moesteyro posades vender et vendades, supenorar, eneallear, vender huna nosa casa, que nos teemos em esta çiudade de Lugo en a rua Nova, con seu orto et seydo, entradas et seydas et jures et pertenenças et agoas vertes deslo çeo a terra; a qual dita casa he sita en o dito lugar de rua Nova a os pasadoyros, et esta junta de huna ylarga cabo de huna casa en que ora mora Diego Gomes, et da outra ylarga esta junta con outra casa que foy de Roy Casado en que ora mora Maria Castada et Afonso Rodrigues, seu marido; a qual dita casa nos a nos et a o dito noso Moosteyro et convento del perteesçe por frey Diego, frayre que foy do dito noso moosteiro, fillo que foy de frey Diego Cunquin, frayre que foy eso mesmo do dito noso Moosteiro et de Eldonça Afonso, muller que foy do dito frey Diego Afonso Cunquin. Et qualquer vençon ou supenoramento que vos da dita casa et orto et seydo, por nos en noso nome feserdes, por lo preço et contia de moravedis que a asi venderdes, ou supenorardes, nos ho outorgamos et mandamos et queremos que vala para senpre a qualquer persona que a asy venderdes, et todo quanto vos em ello feserdes et ganardes, et vençon que della feserdes, segundo dito he, nos o avemos et averemos por firme valedeyro, estavelo, grato et rato para senpre sub obligaçon de nosos beens et do dito noso Moosteyro que para ello obligamos. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta outorgamosvos dello esta carta de poder por lo notario de iuso escripto a o qual rogamos et mandamos que a faça a mays forte et firme que poder faser et notar sobre esta rason con consello de leterados.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o dito moosteyro dia luns, viinte et quatro dias do mes de juyo, ano do nascemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes chamadas et rogadas: Men Gome[...] en a trapa, torneiro; et Fernan Eanes, cosineiro do dito Moosteiro; et Fernan de Maaris, morador em Lugo; et frey Vasco d’Alvares, natural de Viveiro, ts., et outros.

Et eu Pedro Afonso de Masoen, notario publico da dita çiudade de Lugo por la abturidade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he com as ditas testemoyas presente foy et a rogo et pedimiento das ditas partes esta carta de poder escripvi, et aqui puie meu nome et signal acustumado que tal he em testemoyo de verdade (signo).

Pedro Afonso, notario.