GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1078
1448, xuño, 14. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a García López e a dúas voces un horto en Pumariño, freguesía de Santa María Madalena de Recatelo, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 24 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o dean et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçion aforamos et damos aforo a vos Garçia Lopes, coytelleyro, vezino de Lugo, fillo que fostes de Garçia Lopes, coytelleyro, morador que foy en esta çiudade de Lugo, por vosa vida et de outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamiento, et a outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada persona por vos, nen por la seguda persona, que seia persona do dito foro quen erdar vosos beens, et asi da segunda persona, ou a mayor parte delles, ho noso orto que perteesçe a os aniversarios, que ias sito et locado en Pumarino, sub o signo da Capela de Santa Maria Madalena de Recatelo, et ias entre el outro orto de vos, o dito Garçia Lopes, et vosos yrmaaos, et fere de testa de huna das partes en un orto de Juan dos Santos, alfayate, et da outra testa fere en o rigeyro dos ortos, et ias en par de huna das partes en par da cortina de Juan da Vayla, et da outra yllarga ias en par do dito rigueyro dos ortos, a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Garçia Lopes, et as ditas personas despoys de vos tenades o dito orto çarrado et ben labrado, et en boo paramento, et dedes del de foro a nos, o dito cabidoo, ou a noso rendeyro ou colledor das rendas dos ditos aniversarios, en cada un ano seys maravedis de longos por dia de San Martino de novembre postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas personas que despoys de vos suçeder en o dito foro do dito orto que do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias logo segentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra do dito foro sub pena que se o asi non fezer que por ese meesmo feyto perga o dito foro et o dereyto del; et a finamento da postremeyra persona do dito foro o dito orto fique libre et quito et desenbargado a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores et a os ditos aniversarios, cuio he, con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Garçia Lopes, que presente soo asi reçebo o dito orto en foro de vos, o dito deyan, et cabidoo por lo modos, maneyras et condiçoes sobreditas para min et para as ditas personas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas a pagar, conprir et gardar todo segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, os ditos dean et cabidoo, asi vos lo damos et outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en un tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Garçia Lopes, et vosas personas et outra para nos, o dito deyan, et cabidoo et nosos suçesores et por mayor firmeza mandamos seelar con noso seello pendente a carta de foro de vos, o dito Garçia Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo, dia esta feyra, quatorze dias do mes de juyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes: don Juan Garçia de Melgosa, dean; Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Lopo Dias de Freyxo, meestrescola; Pero Fernandes, Juan Martines, Juan Vidal, Diego Vasques, Juan Ares, et Lopo Garçia, coengos, capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumados en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus et notarius.