GMH/ÍNDICE A-Z

718
1372, abril, 26. Lugo
Tareixa Rodríguez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo canto lle pertence en Lamela.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 96v.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Thereyia Rodrigues de Meylae, muller que foy de Bertolamey de Lamela, dou en pura et firme doaçon por iur de herdade para senpre a vos, o onrrado sennor don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, et a a dita vosa iglesia, toda quanta herdade et vos eu aio, et me perteeçe de aver por qualquer maneira, en Lamela con as duas partes de huna casa pallaça que eu y aio; et logo por esta presente carta vos ponno, et a a dita vossa iglesia, enno iur et possisson et propiedade da dita herdade et vos et duas partes da dita casa, et tiro ende a min et a toda minna vos, et obligo por meus bees de vos faser esta doaçon de pas a todo tempo, et se eu d’aqui adeante, ou outro por min, usar desto sobredito que vos dou en doaçon, ou de parte delo, connosco et outorgo que o usso por vos et en nome da dita vossa iglesia precario, con tal condiçon que vos, o dito sennor obispo, que me defendades das monas et peytas que veeren en quanto eu for viva.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos a dita doaçon de vos, a dita Thereyia Rodrigue,s para nos et para a dita nossa iglesia et prometemos et outorgamos de vos teer et guardar a dita condiçon. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ares Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo, viinte et seys dias d’abril, era de mill et quatrosentos et des annos.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Peres, notario; Fernan Garçia de Mera; Iohan Arias de Cas Gristola; Afonso Ferrnandes, sobrinno do dito Fernando Garçia, ts.

Et eu Aras Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto presente fuy con as ditas testemoyas, et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.