GMH/ÍNDICE A-Z

22

1417, febreiro, 9.  
Vasco Fernández Troco, veciño de Santiago, recoñece ter recibido do procurador do Concello, 333 maravedís e dúas coroas que lle correspondían por razón do salario do tercio dunha renda que se repartiu o ano 1416, á eu ajudey a coller.

Nove dias do mes de fevereiro. Sabean todos que eu Vaasco Fernandes Troquo, vesiño da çidade de Santiago connosco et outorgo que reçeby de vos Bernald Yanes do Camiño, canbeador, procurador do conçello da dita çidade de Santiago tresentos et triinta et tres maravedis et dous coroados, branca a III dineiros, os quaes maravedis eu ouve de aver asi como alcallde da dita çidade que fuy este anno primeiro pasado por rason do selario do terço de hũa renda que se reparteu enna dita çidade o dito anno pasado, cual eu ajudey a coller et dos quaes ditos maravedis me outorgo por entrego et ben pagado et renunçio a toda exençon que non diga ende o contrario et a a ley, etc. Et eu o dito Bernald Eanes asi o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes Fernand Ares Xarpa, alcallde enna dita çidade et Gomes Garçia, notario et Juan Garçia de Vilarente, canbeador et Gonçalvo Xerpe, home de noso señor o arçobispo.