GMH/ÍNDICE A-Z

167

marzo, 30

Afonso de Prado e Xoán de Seoane solicitan a varios moradores de Piñor e Moreiras, que están presos, o pagamento dos pedidos deses lugares, do que estes non se consideran responsables. (fols. 52v-53)

Joan Afonso de Prado e Joan de Seoane.

A XXX dias de março, Joan Afonso de Prado et Joan de Seoane tomaron testemunyo contra Gonçalvo Rodrigues e Gonçalvo de Godejaas \contra/ por sy e elles en nome dos \e contra/ moradores de Piñor que eran ausentes e contra Gonçalvo Colcheiro et contra Estevo Domingues, moradores en Moreyras, que por rason que elles estavan presos por los pedidos de noso señor el rey (fol. 52v)
dos annos pasados elles non quiseran mostrar suas cartas de pago, por lo qual elles estavan presos, por ende que lles requerian que mostrasen suas pagas et pagasen o que devian, senon que protestavan que todo mal, custas, perdas et dapnos que sobre elo recreçesen, que elles e os outros moradores das ditas aldeas de Piñor, Mugares e Moreyras fosen a elo tiundos etç. et logo os ditos moradores de Piñor e de Moreyras que presentes estavan diseron que elles non eran partes para seer requeridos et que requerisen aos juises e porcuradores das ditas aldeas que eran partes e que lles darian resposta etç. e que lles negavan suas estimaçoens e protestaçoens. Tests. Lopo de Mugares, Alvaro Afonso rejedor, Gonçalvo Yanes de Belle.