GMH/ÍNDICE A-Z

E1-19
1436, xuño, 6
O Concello outorga poder ao rexedor Álvaro Afonso da Fonteíña para acadar un acordo co representante do Cabido no preito que ambas as institucións manteñen acerca da exención tributaria do forno que abastece os cóengos. (fol. 11-11v)

Poder que deron Alvaro Afonso rejedor sobre lo forno.

A VIº dias do dito mes Afonso Gonçalves de Meende outorgou carta de poder Alvaro Afonso da Fonteyna rejedor en nomme do conçello, que por rason que era pleyto et contenda ontre o conçello et o cabiidoo sobre lo forno da raçon, enno qual o dito cabiidoo desian que non devian de pagar trebutos nen pedidos nen moedas nen jantar o que morase enno dito forno, et o dito conçello desía que sy et que asy estavan en uso et costume de pagaren e de levar do morador que morase enno dito forno os ditos trebutos, et o dito cabiidoo desía que non, sobre lo qual avyan debate et contenda, por ende por que quitar dos ditos pleytos e contendas etç. que el en nomme do dito conçello que puyña (fol. 11)
por omen boon por lo dito conçello para que librase o dito nagoçio ao dito Alvaro Afonso da Fonteyna rejedor da dita çibdade para que o librase con Martin Sanches abade da iglesia da Triindade como quisesen e por ben tevesen, aviindo et conpoendo ou como achasen por dereito, e que o librase en todo este mes et que toda sentença que en elo desen que as partes que estevesen en elo, penna çen frolliins douro etç., et obrigava os beens do dito conçello etç. Tests. Joan Peres de Rioseco et Meen de Seabra et (- - -).