GMH/ÍNDICE A-Z

E1-38
1437, xaneiro, 30
Avinza con Afonso, criado de Afonso Iáñez da Laxea, con exención pagando este ano os 25 mrs. que lle corresponden no repartimento e 20 mrs. en diante, mentres permaneza solteiro. (fol. 28-28v)

Aviinça de Afonso, criado de Afonso Yanes.

Anno sobre dito, a triinta dias de janeiro, en Ourense enna dita orta de Garçia Dias, presentes ende Rodrigo Afonso de Touro juís e Garçia Dias d’Espinosa e Gomes de Chantada e Estevo Fernandes e Loys Gonçalves regedores e Meen Suares procurador, logo todos feseron aviinça a Afonso, criado de Afonso Yanes da Lagea, en esta maneira que se sigue: que por este anno en que estamos que pague de aviinça os viinte e çinco mrs. que lle estan postos que pague do pedido que (fol. 28)
que lle esta posto enna Rua da Praça et des aqui endyante en quanto non for casado nen tever mançeba nen casa nen pousada sobre sy, que page de cada un de aviinça ao dito conçello viinte mrs. branca en tres dños. por cada dia de San Martiño, et avendo mrs. alguns deytados ou derramados enna dita çibdade que pague os ditos viinte mrs. para ajuda dos ditos mrs. que asi foren deytados enna rua onde pousar, et non avendo pedidos nen outros mrs. alguns derramados que os page de cada un anno por lo dito dia de San Martiño ao procurador do conçello, et casandose ou tomando mançeba que a dita aviinça que seja en si nenhuna e page ao dito conçello segundo sua quantidade, et do al que gose todos los privilejos e franquesas que han e gosan todos vesiños da dita çibdade, et en quanto este-ver solteiro que seja libre e quite de todos outros quaes quer mrs. que se deytaren e derramaren enna dita çibdade, et as partes asy llo outorgaron etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Pero de Pinor e Gonçalvo criado de Garçia Dias.