GMH/ÍNDICE A-Z

H15
1435, decembro, 9
Afonso de Betanzos demanda a varios carniceiros a alcabala da peletaría e «salvaxiño» (relacionado coa caza) e estes declaran as vendas feitas. (fol. 5v)

Afonso de Betanços.

En este dito día e ora e por estas tests. Afonso de Betanços poso demanda a Joan de Deus e a Fernando Branco e a Joan d’Arçua et a Joan Coengo (e Joan de De)*/e a Joan Oveleiro\ da alcavala da pelitaría e salvagiño etç., sobre lo qual feseron juramento deçesorio, et por elles mandaron que ata terçeiro día lles dese conta con pago por seu juramento, et Joan de Deus declarou XV (duas)* duzias de pelicas de cabritos que vendera Afonso Gomes d’Allaris, mays que non tina feita conta a como las devía de contar et en rason das carneiras que avería conta et acordo et o declararía, et Fernando Branco diso que vendera huna dusia de cabirtas a Martin Peres e que lle dera hun canbete por elas e do al que non matara mays. Iten (- - -) (fol. 5v)