GMH/ÍNDICE A-Z

985
1422, abril, 27. Lugo

Pedro Fernández de Bolano dóalle ó Cabido de Lugo 300 marabedís anuais para libera-lo mosteiro de San Francisco do pago establecido polos enterramentos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 142 r.- 143 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 143.
       

Sabeam todos conmo en o ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos, viinte et sete dias do mes de abril, estando en a çiudade de Lugo en a iglesia cathedral de Santa Maria da dita çiudade de Lugo dentro en a Capela de San Bartolameu, estando y presente don Juan Martines, dayan da dita iglesia de Lugo, et as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da dita iglesia de Lugo juntados en seu capitolo por canpaa tangida, segundo que o han de uso et de custume, et outrosy frey Nuno, gardian do Moesteyro de San Françisco da dita çiudade de Lugo, et frey Rodrigo de Burgo Novo, et frey Fernando de San Cosmeda, et frey Juan do Burgo, et frey Afonso de Monterroso, doutores frayres conbentuaes do dito Moesteyro de San Françisco da dita çiudade de Lugo, et en presença de nos os notarios et testemoyas iuso escriptas, logo o dito Pedro Ferrnandes de Bolano diso que por quanto el avia sabido et asy era çerto que o dito cabidoo da dita iglesia de Santa Maria de Lugo asy por outorgamento de santa iglesia de Roma et por la degretal do Papa, et en suas constituçoes et clementinas, como por outros dereytos feytos et estabeliçidos sobre esta rason, que todas las persoas da dita çiudade de Lugo fiigreses das Capelas da dita çibdade de Lugo que a o dito cabidoo perteesçesen sepultar que se enterrasen en o dito Moesteyro de San Françisco de Lugo, que desen a quarta parte entregamente de todas las cousas, que a o dito Moesteyro viesen et fosen mandadas con aquelas persoas que se en o dito Moesteyro sepultasen por rason de suas sepulturas en qualquer maneyra et por qualquer rason, a o dito deam persoas coengos et benefiçiados do dito cabidoo da dita iglesia de Lugo por rason das ditas Capelas da dita çibdade de Lugo que som anexas a o dito cabidoo, et porque seu lynagee do dito Pedro Ferrnandes iasia enterrado en o dito Moesteyro de San Françisco de Lugo, et el avia con o dito Moesteyro et frayres et convento del moy grande devoçon, et por lles faser ajuda et esmola et porque rogasen senpre a Deus por la sua alma et de aqueles donde vina et desçendia et a que era tiudo, et por descargar a o dito Moesteyro de San Françisco de Lugo de tan grande cargo et trebuto que sobre sy tina da dita quarta parte das ditas sepulturas, et porque rogasen a Deus por el et por aqueles a que era tiudo et obligado et de que desçendera, et porque outrosy o dito cabidoo quitase et relevase et dese por livre et quito et relevado a o dito Moesteyro et conbento de San Françisco de Lugo perpetuamente para agora et para senpre jamays de toda a dita quarta parte das ditas sepulturas que lles asy era devido de dereyto d’aqui endeante, et do que delas avia levado ata aqui, que por ende en emenda et satisfaçon delo et por la dita quarta parte das ditas sepulturas et que o dito Moesteyro et convento de San Françisco de Lugo fose quito et relevado et relaxado de tal trebuto, que a o dito cabidoo devia asy do tempo pasado como por viir para senpre jamays, que dava et deu, a o dito dean et persoas et coengos et benefiçiados et omes boos et cabidoo da dita iglesia de Santa Maria de Lugo et a seus subçesores da dita iglesia, trezentos moravedis de moeda vella, contando tres branquas et hun dineyro por hun moravedi da moeda que se correr de mercador a mercador, postos en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo sen exçepçon et contradiçon et desconto algun, a o moordomo que for do dito cabidoo da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, perpetuamente en cada hun ano por cada dia de Pascoa de Resurreuçon; et seendo esta moneda que agora corre, ou a que correr de aqui endeante, falesçida ou mingoada de sua valia, que se pagen estes tresentos moravedis a o dito cabidoo da moeda que se correr realmente de mercador a mercador en o Reygno de Galisa, que valla o verdadeyro preço et valor que agora esta moeda val, en cada hun ano por cada dia de Pascoa de Resurreuçon, segundo susodito he. Et que o dito Pedro Fernandes en sua vida de et pague a o dito cabidoo, ou a o dito seu moordomo, en cada hun ano por lo dito dia de Pascoa de Ressureuçon os ditos tresentos moravedis da dita moneda, para o qual obligou a sy et a seus bees moveles et rayses avidos et por aver et espeçialmente obligou para senpre jamays a o dito cabidoo por los ditos tresentos moravedis da dita moneda a metade entregamente dos coutos de Sindran et Layosa, que el comprou a Berenguela Gonçalves, filla de Roy Dias Cabeça de Vaca, muller de Juan Coronel, et que lle fosen pagados cada ano segundo susodito he por la dita metade dos ditos coutos de Syndran et Layosa, et despoys de seu finamento do dito Pedro Ferrnandes que seus herdeyros, que del ficasen, que tevesen a dita metade dos ditos coutos que fosen obligados de comprir et pagar a o dito cabidoo et seu moordomo os ditos tresentos moravedis da dita moneda por la dita metade dos ditos coutos en cada ano por lo dito dia de Pascoa de Resurreuçon, segundo dito he, et non nos pagando, nen querendo pagar, por tempo de tres anos que o dito cabidoo da dita iglesia de Santa Maria de Lugo ouvese para paga deles perpetuamente para senpre jamays a dita metade dos ditos coutos con todo seu senorio real et spiritual et jur de presentar a os benefiçios dos ditos coutos, et todas las rendas et trebutos et outros quaesquer dereytos perteesçentes et devidos como qual et en qualquer maneyra a a dita metade dos ditos coutos por los ditos tresentos moravedis da dita moeda / et falesçemento dos ditos seus herdeyros non pagando en tempo dos ditos tres anos os ditos tresentos moravedis de cada ano, segundo dito he, et se algua cousas por mays sobrase en as rendas da dita metade dos ditos coutos dos ditos tresentos moravedis, et eles mays rendesen, que eso meesmo o dava et outorgava perpetuamente a o dito cabidoo para senpre jamays para que o oubese et levase o dito cabidoo sen enbargo algun, et que rogasen a Deus por el et por aqueles a que era obligado, et que lle fesesen de cada ano en outro dia de San Pedro apostolo hun aniversario con sua misa cantada en o altar mayor de Santa Maria, por las almas do dito Pedro Fernandes et de aqueles a que era obligado, et con ressponso dito ante o dito altar, et con condiçon expresa que o dito dean et cabidoo et seus subçesores non posan vender, nen aforar, nen enallar, nen subpinorar, nen concanbear, nen dar en foro, nen en feudo, nen en outra maneyra algua a dita metade dos ditos coutos a persoa algua. Et se por ventura o dito Pedro Fernandes de Bolano en sua vida oubese et cobrase por conpras ou gaanças, ou en outra maneyra algua aqui en esta çiudade de Lugo, ou en os coutos dela, alguuns bees rayses que seguramente et a salvo podesen ben render perpetuamente para senpre jamays en cada hun ano os ditos tresentos moravedis da dita moneda et sen desfalco algun, seendo primeyramente os taes bees vistos et examinados por dous benefiçiados do dito cabidoo, deputados por lo dito dean et cabidoo, con outras duas persoas desta çibdade tomadas por parte do dito Pedro Fernandes, que seian taes bees que ben posan render perpetuamente et a salvo os ditos tresentos moravedis, con juramento que estas quatro persoas façan, que ben et verdadeyramente declaren os ditos bees valeren et renderen ben cada ano perpetuamente en salvo os ditos tresentos moravedis de suso declarados, que o dito cabidoo que tome et reçeba os taes bees para que por eles perpetuamente seia pago dos ditos tresentos moravedis cada ano, segundo susodito he, et seian seus propios por jur de herdade para senpre jamays, et seendo o dito cabidoo en eles apoderado que a dita metade dos ditos coutos de Syndran et Layosa fiquen et seian quitos et relaxados et relevados a o dito Pedro Fernandes et seus herdeyros, et que o dito cabidoo que non possa vender, nen subpinorar, nen enallar, nen aforar a persoa alguna os ditos taes bees salvo que seia et fiquen senpre para a mesa do dito cabidoo porque seia pago dos ditos tresentos moravedis cada ano.

Et logo o dito dean persoas coengos benefiçiados et omes boos do dito cabidoo da dita iglesia de Lugo diseron que lles prasia et que resçebian et reçeberon para sy et para o dito cabidoo et seus subçesores do dito Pedro Fernandes de Bolano, en emenda et satisfaçon da dita quarta parte das ditas sepulturas que avian et lles eran devidas en o dito Moesteyro de San Françisco de Lugo, segundo susodito he, asy de todo o tempo pasado como por viir, et por elas, os ditos tresentos moravedis da dita moneda vella que o dito Pedro Fernandes de Bolano perpetuamente lles dava et outorgava por los ditos seus bees de cada ano, et espiçialmente por la dita metade dos ditos coutos de Syndran et Layosa, ou por los outros bees susoditos et declarados, seendo en eles entregos, et que reçebian et reçeberon logo para sy, o dito cabidoo, a dita obligaçon que o dito Pedro Fernandes lles fasia, et por la dita metade dos ditos coutos por los ditos tresentos moravedis en cada hun ano, segundo susodito he et declarado vay, et por rason delo diseron que davan et deron por libres et quitos et relevados et relaxados perpetuamente para senpre jamays a o dito Moesteyro et conbento de San Francisco de Lugo da dita quarta parte das ditas sepulturas d’aqui endeante, et que non fosen a elas obligados, et eso meesmo de todo o que ata aqui deles avian levado et lles delo eran tiudos et obligados en qualquer maneyra et por qualquer rason a o dito cabidoo, et prometeron et outorgaron de nunca lles las demandar por sy nen por outros en algun tempo nen por alguna maneyra en juyso nen fora del, et dando et entregando o dito Pedro Fernandes en sua vida a o dito cabidoo aqui en esta dita çibdade de Lugo, ou en os coutos dela, os ditos bees que perpetuamente et bem a salvo rendam et posan render os ditos tresentos moravedis a vista das ditas quatro persoas, seendo en eles apoderado o dito cabidoo como dito he, que o dito cabidoo que os reçeba et entrege et leyxen et desenbargen a o dito Pedro Fernandes et seus herdeyros a dita metade dos ditos coutos, quitos et relevados do dito tributo dos ditos tresentos moravedis, et a todos seus bees para senpre jamays, segundo susodito et declarado he.

Et dom Juan Ruys, bacheller en decretos, arçidiago de Grado en a iglesia de Ovedo, provisor et vicario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo, por lo moyto onrrado padre et senor dom Fernando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, et coengo en a dita iglesia de Lugo, que estava presente, por lo poderio a el dado et outorgado do dito senor Obispo, et en quanto a el tangia diso que dava et deu et enterpoyna et enterposo sua autoridade / et decreto a todo o sobredito, et mandou que valuesse a todo tempo et lugar, agora et para sempre jamays todo o que susodito he. Para o qual todo o sobredito teer et gardar et comprir as ditas partes, dayan, persoas, coengos et benefiçiados et homes boos do dito cabidoo, et eso meesmo o dito Pedro Fernandes de Bolano obligou sy et seus bees, movilles et rayses, eclesiasticos et segrares, avidos et por aver, et sub pena de viinte mill dobras d’ouro castelaas, que as perga a parte que o non comprir et atender segundo suso declarado vay a metade al Rey et a outra metade a parte obidiente, se contra esto en algun tempo ou por alguna maneyra for ou pasar et contradiser et as non quiser conprir et atender, et a pena pagada ou non que todavia este contrauto et todo o en el contiudo valla et fique et seia firme en todo et por todo segundo se en el conten para agora et para senpre jamays, et sobre elo renunçiaron et cada huna delas todo dereyto et custume et constituyçoes et privilegios et decretaes et crementinas et todos los outros dereytos canonicos et çiviis que a elas et a cada huna delas podesen aiudar ou aproveytar en algun tenpo ou por alguna maneyra en contrario do sobredito ou de parte delo, que lles non vallan, nen se acorran, nen posan acorrer deles nen de algun deles por sy nen por outro, en juyso nen fora del, et se o feseren que lles non vallan et espiçialmente renunçiaron a crementina en titolo de sepulturis no capitolo que comença super cathedra, con todas suas clausulas et berbos et pontos contiudos en o dito [capitolo] da dita crementina et qualquer outro dereyto instituto et instituendo, et renunçiaron mays a XX que diz que geeral renunçiaçon non valla. Do qual todo os sobreditos dean, persoas, coengos et benefiçiados et homes boos do dito cabidoo da dita iglesia de Lugo outorgaron dous contrautos feytos en hun thenor ou mays os mays firmes que se podesen faser et notar en deryto con consello de leterados, et mandaronos seelar con o seelo do dito cabidoo.

Et o dito gardian et doutores frayres do dito Moesteyro de San Françisco de Lugo, que estavan presentes, asi o pediron a nos, os ditos notarios, signado de nosos signos.

Que foy feyto et outorgado en a dita çiudade de Lugo en o dito lugar, dia et mes et ano susoditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron todo o que sobredito he: o dito don Juan Martines, dayan; et o dito dom Juan Ruys, vicario; et dom Afonso Lopes, chantre de Lugo; et dom Lopo Dias, mestrescola; et don Pedro Fernandes de Tendylla, thesoreyro; et Ares Afonso da Pulleyra, bacheller en decretos; et Juan Dias, et Lopo Ferrnandes, et Fernan Peres, et Juan Lopes, et Pedro Lopes, et Fernan Rodrigues das Camoyras, et Nuno Gomes, et Afonso Rodrigues, todos coengos en a dita iglesia de Lugo; et Afonso Rodrigues da Pulleyra, raçoeyro; et frey Juan de Lugo, doctor, frayre da orden de San Françisco do oratorio de Santa Crus de Portomarin; et Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo. Et eu Rodrigo Ares, coengo de Lugo, notario iuso scripto.

Et eu Rodrigo Ares, coengo de Lugo et notario publico por la auctoridade apostolica, a esto que sobredito he com as ditas testemoyas et com Jacome Peres, notario, pressente foy, et por mandado das ditas partes et a seu pedimento este instromento fis scripvir en mina pressença et aqui meu nome et signal acustumados pono em testemoyo de verdade (signo).

Materias

avinza; couto; altar; aniversario; aniversario; arcediago; bacharel; beneficiado; bispado; bispo; brancas; cabaleiro; cabido; campá; capela; catedral; clementinas; cóengo; cóengo; convento; deán; decretais; dereito canónico; dignidades; diñeiros; dobra; doutor; escudeiro; esmola; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; filla; frade; franciscano; freguesía; freire; gardián; letrado; Libro do Cabido; mandamento; marabedí; mercador; mesa capitular; misa; mordomo; mosteiro; muller; nobreza; notario apostólico; oratorio; orde dos Irmáns Menores; orde terceira; padroádego; pagamento; pai; Pascua; pena; porteiro; provisor; provisor; racioneiro; selo; sepultura; sinatura; tributos; venda; vigairo; xurisdición; doazón

Persoas

Afonso López, chantre de Lugo; Afonso Rodríguez da Pulleira, racioneiro de Lugo; Afonso Rodríguez, cóengo de Lugo; Ares Afonso da Pulleira, bacharel en decretos; Berenguela González; Fernando de Palacios, bispo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez das Camoiras, cóengo de Lugo; frei Afonso de Monterroso, franciscano; frei Fernando de San Cosme, franciscano; frei Nuno, gardián de San Francisco de Lugo; frei Roi de Burgo Novo, franciscano; frei Xoán de Lugo, freire; frei Xoán do Burgo, franciscano; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola de Lugo; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Mestre Xoán, porteiro do cabido de Lugo; Nuno Gómez, cóengo de Lugo; Pedro Fernandez de Tendilla, tesoureiro de Lugo; Pedro López, cóengo de Lugo; Roi Afonso, cóengo de Lugo e notario apostólico; Roi Díaz de Cabeza de Vaca; Xácome Pérez, notario; Xoán Coronel; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán López, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, deán de Lugo; Xoán Ruíz, arcediago de Grado e provisor de Lugo; Pedro Fernández de Bolaño, cabaleiro

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido; Lugo, diocese; Orde dos Irmáns Menores; Oviedo, cabido; Santa Cruz de Portomarín, oratorio; San Francisco de Lugo, convento

Lugares

Bolaño; Burgo; Camoiras, As; Grado; Laiosa, San Martiño; Manán de San Cosme; Monterroso; Oviedo; Portomarín, Santa Cruz, oratorio; Pulleira; Sindrán, San Pedro; Tendilla