GMH/ÍNDICE A-Z

064
1457

XVJ (22R)

-64-

Foro.

Este dito dja, ẽnos ditos paaços. Como4 eu, Sueyro Gomes, vasalo de noso señor el / rrey, aforo a vós, Pero de Terrío, morador en Sã Gião de Leýño, que sodes presente, / para vós e para vosa moller, María de Terrío, e vosas boses e herdeyros e subçeso/res, para senpre jamais, toda a herdade, casas, casares, cortes, eyras, en/xjdos e chantados4 e outras quaesque(e)r herdades e propeadades donde que(e)r / que vã e jasẽ, a mõtes e a fontes, que a mj perteesçe e perteesçer deuẽ, como4 / que(e)r e en qualque(e)r maneyra, ẽno dito lugar de Terrío, por bos de Pero Desẽbro / e de Pero Coyra, cõ todas súas aguas corrẽtes e vertẽ(tẽ)tes e perteẽças e / dereyturas, quantas ha e deue aver, de feyto e de dereyto; o qual todo que dito he vos aforo / por quatro çelemjs de pã por metade çenteo e metade mjllo, porla / medida dereyta de Padrõ que se agora vsa e vsar de aquí adeante para / senpre jamays4, que avedes de dar vós e vosas boses, herdeyros e soçesores / a mj e a mjñas boses, herdeyros e sobçesores en cada hũu ano4 / desd'este181 Sã Martino que vén en adeante para senpre jamais; outor/go de182 nõ boslo quitar nẽ rremouer eu nẽ mjñas voses por / máis nẽ por al tãto que outro me dé, e de voslo faser çerto e de pas / de qualque(e)r persona que voslo enbargar ou contrariar, e de vos defender / e anparar cõ o dito foro que vos así faço ẽna maneyra que dita he. E / avendo vós ou vosas boses de vender, sopeñorar, trocar, cãbiar / ou enagenar, que o façades a mj e a mjnas boses tãto por tãto / queréndoo eu, nõ lo querendo, entõ que o façades cõ tal persona4 se/mellable4 de vós, que cũpra e pague4 o que vós sodes tiúdo de cõprir / e pagar. E desde agora vos poño ẽno jur e posesiõ e señorío / de todo o que sobredito he. E eu, o dito Pero de Terrío, que so presente así rreçebo / o dito foro para mj e mjñas boses, herdeyros e soçesores para senpre jamais; pagaremos a vós, o dito Sueyro Gomes, e a vosas boses, herdeyros e / soçesores, para senpre jamais en cada hũu ano4 desd'o dito dja de / Sã Martiño en adeante, os ditos quatro çelemjs do dito pã porla dita / medi[d]a183 sen descõto algũu, e obligo4 a mj e a meus bees e de mjñas / boses, herdeyros e soçesores a lo así ateuer, gardar e conprir e pagar; e / en espeçial obligo4 a elo o meu casal de Terrío, donde agora moro, / que señalo para pagar o dito foro, para senpre jamais, so pena4 de mjll / morauidís vellos. Nós, amas ditas partes, outorgamos desto sobredito(s) / dúas cartas firmes e fortes feytas en hũu thenor4, para cada hũu de / nós, partes, la súa, qual paresçerẽ signadas do presente notario184, cõ / poder185 a las justiçias e et çétera. Testigos: Vasco de Lees, mayordomo / de Rrianjo, e Rroý de Leyro, morador en Taragono, e Ferrnand Peres, capelã / do dito Sueyro Gomes. /

Feyto a Pero de Terrío de Leýno. //

 

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
181. Antes está riscado para senpre / jamais.
182. Despois está riscado vos.
183. Está escrito media.
184. Despois está riscado et çétera.
185. Antes está riscado testigos.