GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

398
1340, febreiro, 13. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo e a Fernando Afonso de Silvarrei dous casais en Castro Tourón, freguesía de San Martiño de Guillar, por 10 terzas de pan anuais, 12 marabedís por foros e a obriga de construír dous celeiros e plantar 40 árbores.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 28v.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo per campaa taniuda enno choro da dita iglesia segundo que avemos de uso et de custume de façer cabidoo, con outorgamento de don Pedro Iacome, iuys et vigario de don Ferna Aras, dayam desa iglesia de Lugo, avervamos a vos, Rodrigo Affonso et Fernan Afonso de Silvarey, en toda vosa vida d’ambos et dous et de cada hun de vos, os nosos dous casares anbos do Castro de Touron, que son sub signo de San Martino de Guilar, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, per hu quer que vaan, a a tal raçon conven a saber que avedes a lavrar et parar ben as herdades dos ditos casares et tirarlas de monte et onde iouveren ealeadas ou mal paradas, et façer dous çelleyros lousados enos dous formaes que estan cabo duas casas lousadas que son desta herdade destes casares, et avedes a poer enna herdade destes casares en estes dez annos primeyros que veen, cada anno quatro arvores que fiquen presas, a meatade castineyras et a outra meatade maçineyras et pereyras. Et avedes nos a dar cada anno en renda, en paz et en salvo enna villa de Lugo, sen desconto nehun, por dia de San Migeel de vindimias, dez terças de pan: as duas partes de temporao et a terça de serodeo. Et estas dez terças de pan nos avedes a dar do mellor pan que ouver nos ditos casares posta a semente; et cada anno por foro, por dia de Natal, doçe moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso, que façen quatro dineyros novees tres soldos, sacado grando ou geada se veer, o que Deus non quyra, que se estime segundo he uso et custume. Et avedes a seer vasallos serventes et obedientes da iglesia de Lugo et seer quitos et defessos commo os outros caseyros desta iglesia de Lugo. Et esta renda sobredita et foro et cousas sobreditas avedes a façer et pagar et comprir sub pena de çen moravedis da boa moneda, que nos los peytedes por nome de pena et interee non conprindo esto que se en esta carta conten. Et demays que fiquedes teudos a conprir esto que dito he. Et a o tenpo do finamento do pustrimeiro de vos deve afficar os ditos casares livres et quitos a a iglesia de Lugo, de vos et de toda vosa voz, con todos los boos paramentos que y foren feytos et con as ditas casas et çelleyros feytos et arvores presas. Et nos, Rodrigo Affonso et Fernan Affonso sobreditos, que estamos presentes, asy reçebemos de vos, o dito cabidoo con outorgamento do sobredito vigario do dayam, o vervo dos ditos casares, et obligamos nos et todos nossos bees, movelles et rays, gaanados et por gaanar, cada hun de nos por lo todo, para conprir et pagar as cousas sobreditas et cada huna dellas et sub a dita pena de çen moravedis da boa moneda. Et demays para o asy conprir et guardar en todo commo dito he façemos iuramento sobre sanctos avangeos, corporalmente taniudos con nosas maos. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feitas en Lugo enno choro da dita iglesia XIII dias de freveiro, era de mill et CCC LXXta et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantres; don Pedro Iacome, juys et vigario sobredito; don Aras Pellaes, thesoreiro; Andres Peres, Johan Fernandes, Pedro Gualvan, Fernan Affoso, Iohan Dias, Vaasco Peres de Rodeyro, et Affonso Eanes, coengos de Lugo; Iohan Fernandes et Iohan Gutierres, raçoeyros; Pedro Migueles, Pedro Fernandes, Jacome Affonso, Affonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do choro de Lugo, et Domingo Eanes et Lopo Peres, omes do thesoreiro ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et presente foy (sic) et vi commo os sobreditos Rodrigo Affonso et Fernan Affonso feçeron o dito iuramento, corporalmente taniudos con suas maos, et a rogo do sobredito cabidoo et partes sobreditas esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.