GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

93
1309, decembro, 22. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Pousada e á súa muller toda a herdade de Chamoso da Foz, na freguesía de San Fiz de Paradela, por renda anual de cinco terzas de pan, os tres servizos habituais, 40 anguías e un porco ou 70 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/10 bis, perg. orix., galego, gótica cursiva, 185x168 mm.- Tumbo Viejo, docs. soltos, n.º 143.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos cabidoo de Lugo con outorgamento de don Pay Rodriguez arçidiago de Deza, teente amiistraçon do mes de febreyro en terra de Farnadeyros, avervamos a vos Pedro Pousada et a vossa muler Moor Martines por en todos vossos dias d'ambos, toda a herdade que nos havemos en Chamosso da Foz por razon da amiistraçon sobredita, sub o signo de San Fiiz de Paradella, con suas casas et chantados et pesqueyras et caneyro et perteenças et dereyturas, a tal pleyto conven a saber que vos lavredes et paredes ben esta herdade sobredita, et a tyredes dunde iouver mal parada, et façades as casas et as mantenades en boo stado, et chantedes y das arvores, et dedes cada anno a o amiistrador deste dito mes çinquo terças de pam en salvo do mellor que ouver en essa herdade sacada a semente, que seia çeveyra et millo et orio, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, sacado grando ou geada que se deve a [exirmar] commo he de dereyto, et tres serviços cada anno segundo que he ussu de daren os outros serviçaes deste mes sobredito, et quareenta anguias as dez seeren cabos et as outras coseyras, et un porco boo ou seseenta soldos por el da moneda blanca del rey don Fernando que ora corre. Et vos seerdes anparados et deffessos da moneda et d'outro pidido commo o foren os outros serviçaes do cabidoo de Lugo. Et a morte do pustrimeyro de vos devedes a leyxar en esta herdade de poboança, hun boy et huna vaca et çinquo rexellos et huna porca, et ficar esta herdade livre et quita a o cabidoo de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu sobredito Pedro Pousada por min et pol-la dita mina muler assy obligo por min et por todos meus bees de o cunplir. Et nos o cabidoo sobredito que este foro fosse çerto et o dito Pedro Poussada rogamos a Affonso Perez, notario publico de Lugo, que fezesse ende duas cartas tal huna commo a outra.

Feyto foy esto en Lugo XXII dias de dezembre, era de mill et CCC et XªL et sete annos.

Presentes foron: don Martin Eanes, arçidiago de Neyra; don Iohan Bezerra, iuyz de Lugo; Aras Perez, coygo de Lugo, et outros.

Eu Affonso Perez, notario sobredito, rogado fuy presente et scrivy esta carta et puge y meu signal.

SIGNO