GMH/ÍNDICE A-Z

139
1320, abril, 6 (Traslado feito o 2 de decembro de 1338)
testamento

Testamento de Pedro González, arcediago de Búbal, aberto e publicado no cabido o día 10 dese mes.



ACOu, Escrituras I, 5

Estas som as devedas que eu Pero Gonçalvez arçidiago de Buval enna igleia d’Ourense devo: Primeiramente a Martin Geestosa o que el diser por sua verdade. Iten a huun mercador de Santiago dusentos mrs. portugueses. Iten devo aa moller de Pero Calvo de Soveral quatroçentos mor. portugueses. Iten a Fernan Nunes mercador seseenta libras. Estas som as devedas que a min deven: Primeiramente o abade d’Oseyra seteçentos mor. portugueses. Iten me deve Johan Peres de Novoa mill mor. portugueses sobre huna pouca descarlata. Iten me deve Martin Afonso coengo que foy çento mor. de brancos sobre huun vaso de prata. Iten me deve Andre de Gostei seisçentos mor. portugueses. Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos este escripto para senpre valledeiro viren que eu Pero Gonçalves arçidiago de Buval enna igleia d’Ourense jazendo doente et fraco pero con todo meu siso et con toda mia memoria et con todo meu entendemento faço et ordino de paramento de meus beens assy que depois de mia morte non vena sobre elles contenda. Primeiramente mando a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo deus verdadeiro et rogo a santa Maria sua madre et a todolos santos et a toda a corte çelestial que lle roguen por min que me aia merçee aa miña alma et escollo miña sopoltura ali hu dom Johan Rodrigues chantre tever por ben, todavya que seia moyto onrrada. Iten mando a meu señor o bispo hun vaso de prata et que me de a meu heree as miñas taças grandes. Et mando ao cabidoo a aquelles que foren en miña sopoltura e en miña onrra mill mor. portugueses. Iten lle mando huna cama de dous almadraques, os mellores que eu ey, e duas colchas et dous lençoons et huun aliffaffe, hun cabeçal e quatro façoeiros. Iten mando que façan a festa de Santa Cruz de setenbro assi commo eu teño apostado con o cabidoo. Iten mando as casas que eu conprey en Çima de Vila que estam cabo as do cabidoo en que morou Martin Afonso coengo que foy et as leiras que conprei em Praduzelos ao cabidoo que me façan hun aniversario en outro dia que eu finar cada anno para senpre. Iten mando ao cabidoo a miña seara que eu conprey de Roy Lourenço Reliqa, que me façan hun aniversario do dia que eu finar a terçer dia cada anno para senpre, et estes aniversarios mando que aiam os presentes que foren sobre mia sopoltura et sobre min en proçisom. Iten mando o meu casar de Noalla a que chaman de Santa Marta et o que ey em Castroverde para huna capella perpetua. Iten mando o de Veiga que conprei de Pero Escudeyro et as conpras que fis en Santa Vaya para huna capella perpetua en esta maneira, que as tena dom Johan Rodrigues chantre en sua vida et que teña dous capellaens que canten cada dia pola miña alma et digan as oras canonicas de cada dia sigundo o huso e custume da igleia e tragan en oraçon o bispo dom Pero et Lourenço Eanes coengo que foy et digan anbos de suun as oras et vaan cada dia sobre mia sopoltura con oraçon e con agua sagrada, et a morte do sobre dito chantre fiquen as ditas capelas ao deam e ao cabidoo en esta maneira, que as diam a senllos clerigos ydoneos do coro et quando lle delas fezeren a colaçon que façan corporalmente nos santos avangeos juramento que lavren et paren ben as poss(isoens) das ditas capellas et que digan e cunpram as cousas sobre ditas. Iten mando aas ditas capellas quatro livros que me ten o dito chantre para diseren as oras. Iten mando que pagados os seisçentos mor. de portugueses que deven os de Gostei para a obra da igleia o al que ficar por pagar dos çinqo mill mor. que a daver o meestre que o paguen pelo meu. Iten lle mando a tella que y se e o castineiro da Barra que me deu Afonso Suares. Iten mando aa dita igleia de Gostei todolos erdamentos que eu conprei na dita friigresia de dizemo a deus en tal maneira que o clerigo que ora é da dita igleia e pelo tenpo for que me traga en sua oraçon de cada dia et me faça de cada anno para senpre hun aniversario enno dia que eu finar e por canbo do sessego do meu çelleiro et do lagar que esta cabo da igleia et da erdade que teno na miña orta que foy da dita igleia. Iten mando aos clerigos do dito coro que foren en mina vigia meendo comigo e en mia onrra et en mia sopoltura quatroçentos mor. de portugueses por condiçon que me façan en aquel dia que lles derem os diñeiros hun aniversario conprido con missa por mia alma. Iten mando aos pobres mill mor. para vestir. Iten mando aa cruzada mill mor. que pela cruz et pela morte que deus en ela prendeo seia en salvo. Iten mando que as leiras que eu tomei dos casares do cabidoo que afforey en Gostei a aqueles que as conpraron, que llas conpren a vista de dous omes boons sigundo elas valian a aquel tenpo que llas eu tomei. Iten mando que conprem et paguen a quen quer que eu alguna cousa tomasse enno dito couto. Iten mando o meu pan que me antano recadou Ares Vasquez frade que foy de Sam Martiño de Fora do meu lugar d’Ariis aa obra de Sam Martiño de Fora. Iten mando que se cunpra o testamento de Lourenço Anes coengo que foy aquelo que aynda non é conprido, conven a saber en quinentos mor. de diñeiros portugueses para ornamento da igleia de San Martiño. Iten mando que se cunpra o testamento de Roy d’Ourantes pelo seu. Iten mando que me façan meus terços e mia sopoltura ben e onrradamente sen escaseza. Iten mando mia oferta a cabo dun anno, conven a saber dous mor. portuguees en pan e em viño. Iten mando que se eu morrer de noyte que me non soterren logo en outro dia, mais o dia que veer e aa noyte que se sigue que me teñan en mia pousada moyto onrradamente. Iten mando o meu casar d’Ogem et os foros que eu ey ennos tavernagoos de Gandara Longa a Nuno Gonçalves meu criado fillo de Moor Fernandes que o teña en sua vida e a sua morte fique ao cabidoo para aiuda dos ditos aniversarios. Iten mando o al que ey en Ogem et en Bovadela e en Barvantes e en Gostei a fillos de Giomar Martines meus criados e a Eynes filla de Moor Guillen mia criada en tal maneria que o teñan en sua vida e teñan hun capellan que cante cada dia por mialma e pola de dona Orraca enna igleia de Bovadella de Trasalva, et a sua morte de cadaun delles se fillo ou filla ouveren liidemos ou non liidemos que lles fique a seu salvo en sua vida daqueles fillos, et se fillos non ouveren que fique o quiñon do que morrer sen seme aos outros que viveren, et mortas estas pessoas que eu mando que teñan estas possisoens e os fillos delles mando que fiquen ao cabidoo d’Ourense et que tena por mia alma e de dona Orraca hun capelan por senpre aqui en Sam Martiño e seia en escolleita do cabidoo de o dar a hun clerigo ydoneo do coro que cante por min e por dona Orraca e estia a todas oras canonicas enna igleia de San Martiño e vaan cada dia sobre mia sopoltura con oraçon e con agua sagrada ou de o teeren en sy e daren hun capelan que cante por min in perpetuum assi commo cantan por Fernando Paes coengo. Iten mando que se alguna destas mias criadas non quiseren agardar casamento e quiseren fazer mal sa fazenda que non herden esto que lle eu mando. Iten mando a Santa Triidade a mia casa do Vilar en esta maneira, que me façan hun aniversario cada anno por aquel dia que eu finar e vaan aa seida do aniversario sobre mia sopoltura con oraçon e con agua sagrada. Iten mando aa capela de Santa Ouffemia a mia leira da Caal e o meu piteiro de su Pena Redonda que me façan hun aniversario por mia alma e daquel cuio foy o dito herdamento, cada anno daquel dia que eu finar a oyto dias e que vaan os capellaens sobre mia sopoltura con oraçon e con agua sagrada. Iten mando o meu casar de Ribas et o foro de Mondin a fillos de Giomar Martines meus criados que o teñan en sua vida e a sua morte que fiquen ao moesteiro de San Martiño de Fora. Iten mando a Fernando Rodrigues meu sobrino o lugar d’Ariis. Iten mando a fillos de Giomar Martines meus criados quanto pan e quanto viño agora teño en Bovadela et todalas arcas, tinallas e cubas que eu y teño e mando que llelo teña Johan d’Alveiros e llelo meta a prol sen pecado e por mandado e en guarda de Fernando Garçia. Et leixo os fillos de Giomar Martines en guarda e en tutela de Lourenço Anes d’Ourantes seu tio. Et se estes sobre ditos morreren ante que aian ydade liidema conprida, mando que este movil que se torne a meu heree e o venda e o dia por mia alma a pobres e polas almas daqueles de que eu ouve alguna (... com)mo non devya. Iten mando a santa Maria a madre que ela seia avogada pola alma ante o seu fillo Ihesu Cristo as mias casas da Rua Nova e que os capellaens dela me façan cada anno para senpre en outro dia de meu passamento hun (aniversa)rio conprido e que vaan sobre mia sopoltura con agua sagrada. Iten mando a Ines des moyos de çenteo pela fanega. Iten mando a Gonçalvo e a Clara meus criados mill mor. de portugueses a cadaun. Iten lles mando des moyos de çenteo a cadaun pela tega d’Ourense. Iten lles mando a herdade que afforey do cabidoo en Noalla que disen de Revordelos por tal condiçon que o teña en sua vida e de senllos seus fillos apus sua morte et elles e os fillos mortos, fiquen os erdamentos ao cabidoo e que metan a renda cada anno destes erdamentos ennas oras a serviço de deus et de San Martiño. Et rogo e mando a meu heree que llelo faça chantar de viña e lavrar ata que seia chegado a viño dar pelo meu. Et se o elles depois non quiseren lavrar et o danificaren mando a meu heree se vivo for ou a seu heree se vivo non for todavya que os amoesten ante que o lavren e o paren bem et o dem ali hu mando depois da morte delles. Et esto que mando a Gonçalvo e a Clara mando que llelo tena en guarda meu heree et que llelo meta a prol sen pecado. Et se elles morreren ante que aian ydade, que o vendam e o den a pobres pola mia alma. Et esto que mando a filla de Maior Guillen mando que llo teña Pero Fernandes raçoeiro e llo meta a prol sem pecado. Et se ela morrer sen ydade mando que se torne todo a meu heree e o vendan e o den a pobres por mialma. Iten mando que do que estes diñeiros gaañaren que tome ende Pero Fernandes polo traballo que y levara cada anno para hun iantar duzentos soldos. Iten mando e quito a Gonçalvo fillo de Johan Rodrigues todalas cousas que foron de seu padre, pagandome a manda que me seu padre mandou. Iten mando a Lourenço Yanes d’Ourantes meu primo quinentos mor. portugueses. Iten mando a esta Maria de Reça iiiiº mor. Iten mando a Santa Maria do Porto iii mor. Iten mando a Giomar Martines mill mor. portugueses. Iten mando a Moor Guillen quinentos mrs. portugueses. Iten mando a Nuno Anes meu sobrino as minas degretaes e o meu sexto livro que me ten o chantre, que os teña e os aia en sua vida por que aprenda et que dia fiadores ao cabidoo que as non venda nen nas eallee, et a sua morte que fiquen ao cabidoo e os vendan logo e os metan en possisoens e façan por elas hun aniverssario mays ca eu mandei en çima. Iten mando a Pero Fernandes meu abade os meus panos do pes con os çendaes que me aia emente en suas oraçoens. Iten mando a todolos meus omes grandes e pequenos que comigo andan que os vistan assy commo eu acostumei de lles dar de vestir. Iten mando demais a Garçia c mor. Iten mando a Fernando Polin c mor. Iten mando a Johan Moogo o moço c mor. Iten mando a Martiño das Viñas c mor. Iten mando a Ares Anfreus c mor. Iten ma[n]do a Tareija cozineira çinqo varas de valançina. Iten mando a Johan Moogo de Çea o meu manto e o meu pelote do maibi con çendaes. Iten mando a Martin Migues de Gostei o meu çerame do maibi. Iten mando a Ares Peres d’Uzelle o meu tabardo do maibi con penna branca, que me aia emente en suas oraçoens. Iten mando a Affonso Anes do Couto cc mor. Iten mando a Fernando scrivan cc mor. Iten mando a Andre cc mor. Et quitoos todos tres do moordomadigo do que por min reçeberon, despenderon e teveron, ca outorgo que de todos tres reçebi boa conta e verdadeira. Iten mando aa obra de San Françisco d’Ourense cc mor. Iten mando a San Lazero c mor. Et quito a todalas igleias do arçidiagado de Buval os dizemos e as primiças e os jantares que me deven que deus me perdoe aquelas cousas que ende levey commo non devia. Iten mando que se o cabidoo quiser viir contra este meu testamento e contra o meu heree sobre razon do testamento de Lourenço Anes coengo que foy en que elles coidam que som moyto enganados que coydan que quantos beens Lourenço Anes avya movilles avian de ficar aa dita capela que el fes e commo el non leixasse en capela mays das possissoens que avyan sigundo pareçera pelo testamento e pelas tests. que aynda en os de mais son vivos, et se contra elas quiseren passar ou fazer força revogo todalas cousas que lles en çima mandei et faço en elas heree a cruzada, que o vendan todo e metan en ella a serviço de deus et a salvamento da mia alma, sacado os erdamentos das capelas que teña don Johan Rodrigues chantre en sua vida et a sua morte fiquen a cruzada se o dito cabidoo contra esto passar e sacado o que ey aalen Miño, que mando aos sobre ditos meus criados para senpre e que o partan ontre sy girmaalmente todos, pero se ende algun morrer sen ydade liidema mando que se torne aos outros e cunpran o que eu de suso mando. Iten mando esta capela daalen Miño o que ei de teer en Bovadela et o que ey en Cabanelas pela condiçon sobre dita. Iten mando a Moor Lourença criada de Lourenço Anes coengo que foy cc mor. Iten mando que todas estas mandas que faço que se paguen de diñeiros portugueses, ca asi os mando de portugueses. Iten mando que mia sopoltura feita et acabada que pague primeiramente os pobres pelo que se nas mias arcas. Iten mando que paguen logo depus esto a meus criados as mandas que lles fiz en diñeiros pelo que acharen nas mias arcas e o pan pelo que se na mia tulla de Gostei. Iten mando a todalas lanpaas d’Ourense e a todalas outras que estan arredor de Ourense por mea legoa i mor. a cada huna. Iten mando a meu sobrino Fernando Rodrigues o meu roçin. Iten mando a torre de Mondin ao dito Fernando Rodrigues meu sobrino. Et mando a Johan Esteves que a por min ten que lla den de min deveer et el dandolla eu lle quito a menagen que me dela tiina feita assy commo omme fillo dalgo deve quitar menagen de fortoleza. Iten mando que paguen a Tareija Peres mia cunada o foro da casa de Çima de Vila quanto ela diser por sua verdade que lle ende deven. Iten mando que me façan rezar ccc salterios a clerigos de missa que seian omes de conçiençia. Iten mando diser huna missa da crus e outra de sancti spiritus e outra de santa Maria et outra dos angeos e outra de todolos santos. Iten mando a mia sobrina Tareija Rodrigues quinentos mor. portugueses. Iten mando que digan por mia alma mill missas de sobre altar et que seia o mays çedo que se fazer poder, en maneira que non paguen de mias mandas nihuna cousa ata que estas missas seian ditas e pagadas. Iten mando que se alguen veer dizendo que lle eu alguna cousa devo consiirando a pessona e a quantia da deveda que llo paguen. Iten mando vender as mias viñas e as mias azemelas e as mias cubas e as mias tinallas e todalas outras cousas miudas de casa para aiuda a pagar esto que eu mando. Et estituyo enna capella que Lourenço Anes ordenou Johan Lourenço fillo de Sancha Anes et de Johan Lourenço de Froyaens. Et faço meu heree e conpridor deste meu testamento dom Johan Rodrigues chantres na igleia d’Ourense en seis marqos de prata que cunpra esto que eu mando pelo meu e sen seu dano. Et quero e mando que este seia meu testamento e mia postrimeira voentade e que valla como testamento, et senon valuer como testamento que valla como codiçilo ou senon que valla como outra scritura qual quer pubrica que mellor e mais firmemente possa e deva valer de dereito et de feito. Feyto o testamento en Ourense, seis dias dabril, era de mill e trezentos e çinqoeenta e oyto annos. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes foron Pero Martines, Bertolameu Peres e Fernan Migues notarios d’Ourense, Johan Domingues clerigo do dito arçidiago, Martin Domingues reitor da igleia do Pineiro, Fernando Anes clerigo, Johan Fernandes e Lourenço Anes omes d’Affonso Vivianz coengo.

Et eu Afonso Vivianz coengo d’Ourense e chançeler dessa çidade que a estas cousas presente foy e en mina presença as fige escrivir e este meu signal y puge en testimuyo de verdade.

Pois desto, quinta feira x dias dabril, era sobre dita, finado o dito arçidiago don Pero Gonçalves et o seu corpo suterrado, este testamento foy liudo et pubricado enno cabidoo da igleia d’Ourense sigundo que e custume enna çidade d’Ourense de se pubricaren enno dito cabidoo os testamentos dos outros coengos e pesoas quando finan, en presença de min Afonso Vivianz coengo d’Ourense et chançeler sobre dito e das tests. en fondo scritas por mandado et outoridade de Garçia Martines coengo d’Ourense e vigario geeral do onrrado padre e señor don Gonçalvo pela graça de deus bispo desse lugar que era presente et a pedimento de don Johan Rodrigues chantre e conpridor sobre dito e heree do dito arçidiago. Tests. Johan Giraldes, Fernando Mendez, Affonso Martines, Berald Affonso e Johan Anes e Pay Ares, Martin Fernandes, Johan Fernandes coengos d’Ourense. Et eu Affonso Vivianz coengo et chançeler sobre dito que a esta pubricaçon presente foy e pubriquey o dito testamento por outoridade do dito vigario a pedimento de don Joan Rodrigues chantre heree e conpridor do dito arçidiago e esta pubricaçon por mia mao scrivi et este meu signal y puge.

Este e o traslado do dito testamento, o qual eu Affonso Lourenço coengo e chanceler da çidade d’Ourense en presença das tests. suscritas vi signado do signo do dito Affonso Vivianz chançeler et por mandado e auctoridade de don Bertholameu Perez meestrescola de Mendoñedo e vigario geeral do onrrado padre e señor don Vaasco pela graça de deus bispo d’Ourense a pidimento do dayan e cabidoo dessa igleia o fiz trasladar de vervo a vervo e meu sinal y puge en testemuyo de verdade, dous dias de dezenbro, era de mill e ccc e lxxvi annos. Tests. Gil Martinez raçoeyro, Gonçalvo Rella dobleyro, Lopo Sanchez avogado e Pero Martinez notario d’Ourense.

(sinal)

[reverso] de Bubal

Testamento do arçidiago dom Pero Gonçalves.

Testamento do arçidyago Pero Gonçalves.

Materias

abade; adro; alcume; alimentos; altar; árbore; arca; arcediagado; arcediago; auto xudicial; avogado; beneficio; beneficio; bieito; bispo; bispo; cabalo; cabido; cama; canon foral; capela; capelán; casas; casteleiro; castiñeiro; catedral; catedral; celeiro; centeo; chanceler; chantre; cisterciense; cociñeira; cóengo; colación; confraría; construción; conta; convento; coro; coro; crego; crego; criada; criado; cruz; cumpridor; cuñada; cuñado; cunca; curmán; décimos; decretais; depósito; dereito canónico; dignidades; distribución; dobreiro; doente; enxoval; escribán; esmola; esposa; esposo; estudante; Evanxeos; fábrica; familia; festa; fianza; fidalgo; filla; fillo; fortaleza; franciscano; fundación; gando; gran; herdanza; horas; horta; igrexa; labores; lagar; lámpada; leira; libro; libro de horas; Libro Sexto; manto; marabedí; menor; mercador; mesa capitular; mestre; misa; monxe; mordomía; mosteiro; mozo; muller; nai; nena; neno; nomeamento; notario; notario capitular; orde de San Bieito; orde do Císter; orde dos Irmáns menores; orfa; orfo; pagamento; pan; panos; párroco; partilla; pobre; prata; prata; prebenda; prebenda; preito; preito homenaxe; primicia; procesión; provisión; provisor; publicación; racioneiro; roupa; rúa; Santa Cruzada; seara; semente; sepultura; sobriña; sobriño; tella; testamenteiro; testamento; tío; titoría; tonel; torre; traslado; tributos; tulla; venda; vigairo; viña; viño; voda; xantar; xornal; débeda

Persoas

Xoán Lourenzo de Froián; Afonso Eáns do Couto; Afonso Lourenzo, cóengo de Ourense; Afonso Martínez, cóengo de Ourense; Afonso Suárez; Afonso Vivián, cóengo de Ourense; André; André de Gustei; Ares Anfreus; Ares Pérez de Ucelle; Ares Vázquez, franciscano; Bartolomeu Pérez, mestrescola de Mondoñedo; Bartolomeu Pérez, notario; Beraldo Afonso, cóengo de Ourense; Clara, criada; dona Urraca; Fernando Eáns, crego; Fernando García; Fernando Miguez, notario; Fernando Núnez, mercador; Fernando Páez, cóengo de Ourense; Fernando Polín; Fernando Rodríguez, fidalgo; Fernando, escribán; García; García Martínez, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez, dito Rella, dobreiro de Ourense; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo, criado; Guiomar Martínez; Guiomar Rodríguez; Inés, criada; Lopo Sánchez, avogado; Lourenzo Eáns de Ourantes; Lourenzo Eáns, cóengo de Ourense; Lourenzo Eáns, home de Afonso Vivián; Maior Fernández; Maior Guillén; Maior Lourenzo, criada; María de Reza; Martiño Afonso, cóengo de Ourense; Martiño das Viñas; Martiño Domínguez, párroco; Martiño Fernández, cóengo de Ourense; Martiño Miguez de Gustei; Martiño Xestosa; Nuno Eáns; Nuno González, criado; Paio Ares, cóengo de Ourense; Pedro Calvo do Sobral; Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Pedro Fernández, racioneiro de Ourense; Pedro Martínez, dito Escudeiro; Pedro Martínez, notario; Pedro Martínez, notario; Roi de Ourantes; Roi Lourenzo Relica; Sancha Eáns; Tareixa Pérez; Tareixa Rodríguez; Tareixa, cociñeira; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Xil Martínez, racioneiro de Ourense; Xoán de Albeiros; Xoán Domínguez, crego; Xoán Eáns, cóengo de Ourense; Xoán Estevez, casteleiro; Xoán Fernández, cóengo de Ourense; Xoán Fernández, home de Afonso Vivián; Xoán Lourenzo, capelán; Xoán Meogo de Cea; Xoán Meogo, o mozo; Xoán Pérez de Novoa, fidalgo; Xoán Rodríguez; Xoán Rodríguez, chantre de Ourense; Xoán Xiráldez, cóengo de Ourense; Pedro González, arcediago de Búbal

Outros

Ourense, cabido; Mondoñedo, bispado; Mondoñedo, diocese; Ourense, bispado; Portugal, reino; San Francisco de Ourense, convento; San Martiño Pinario, mosteiro; Santa María de Oseira, mosteiro; Santiago de Compostela, arcebispado

Lugares

Ariz; Barbantes; Barra, A; Bobadela; Búbal. Antiga xurisdición.; Cabanelas; Cal, A; Castroverde; Couto, O; Freás, Santa María; Gándara Longa; Gustei; Miño, río; Mondín; Mondoñedo; Noalla; Oseira, Santa María a Real, mosteiro; Ourantes, San Xoán; Ourense; Oxén; Pena Redonda; Piñeiro, San Xoán; Porto, Santa María; Praduzelos; Revordelos; Reza; Ribas; Santa Marta; Santa Vaya; Santiago de Compostela; Sobral; Veiga