GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1099
1454, setembro, 12. San Martiño de Sios

O vigairo lucense afóralles a Xoán de Vilaxilde, á súa muller e a unha voz tódalas herdades pertencentes ó bispo na freguesía de Santo Estevo de Espasantes, por renda anual da cuarta parte do gran e uvas máis outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/5, perg. orix., galego, cortesá, 260 x 180 mm.
   

Sabeam quantos esta carta de aforamiento viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo, vicario et provisor en a dita iglesia et obispado de Lugo por don Garçia de Vaamonde, Obispo do dito obispado, por poder que ey et teno do dito senor Obispo, et vendo et entendendo et seendo enformado que he probeyto do dito senor Obispo et de seus suçesores dou aforo et avervo a vos Juan de Vilagilde et a vosa muller, Afonsa, et a outra persoa qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamiento et non seendo nomeada que seia quen herdar os bees do postrimeyro de vos de dereito. Conben a saber que vos aforo a casa do Carral, que he do dito senor Obispo, et todas las herdades, arbores et formaes, prados et pastos que o dito senor Obispo ha et ten en a figresia et sub signo de Santo Estevo d’Espasante, segundo que as vos agora tragedes a jur et a mao, con todas suas entradas et saydas, dereituras et pertenençias, a tal pleito et condiçon que vos et a dita vosa muller et persoa labredes et paredes ben as herdades, et de oie este dia fasta quatro anos primeyros seguentes reparedes a dita casa do Carral et ha cobrades et portedes et reparedes et ha tenades feyta et ben reparada en tal maneira que se non perga nen as ditas herdades con mingoa de boo paramiento. Et dedes de foro et penson vos et a dita vosa muller et persoa, en cada hun ano, a o dito senor Obispo et a seus suçesores o quarto do pan triigo, millo, fabas et de outras cousas graas que Deus der en as ditas herdades que foren a teega, et se feserdes a [...] vina en as ditas herdades que dedes o quarto das uvas que Deus der en as ditas vinas, et por nabos et lino et orta et froyta et castanas que dedes dous maravedis cada hun ano.

Et non avedes de bender, nen supinorar este dito foro a caballeyro, nen a escudeiro, nen a ome, nen dona poderosos sen mandado et consentimento do dito senor Obispo, ou de seus suçesores. Et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que as herdades et casas et vinas, se as feserdes, fiquen labradas et ben reparadas a o dito senor Obispo et a seus suçesores con todos los boos paramientos que en elas foren feytos. Et eu, o dito Juan de Vilagilde, por min et por la dita mina muller et persona asi reçebo este dito foro de vos, o dito arçidiano et vigario, por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus de o compriremos et pagaremos et atenderemos en todo segundo dito he et en a maneira que sobredita he.

Et eu, o dito vigario, asi vos lo outorgo et porque seia çerto outorgeyvos delo esta carta de foro firmada de meu nome et seellada con meu sello, et mandey a o notario iuso escripto que a signase de seu signo.

Que foy feyta et outorgada en Sant Martino de Sioos, dose dias do mes de setenbre, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et quatro anos.

Testemoyas que foron presentes: Alvaro Conde, clerigo de Sant Estevo d’Espasante; et Juan de Santiago, fiigreses da dita iglesia; et Diego de Santa Maria en Panton; et Rodrigo Alvares, morador a o Castro, et outros.

Et eu Fernan Yanes de San Jullao, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro escripvi segundo que por ante min foy outorgado por lo dito arçidiano, que aqui firmou, et a pedimento do dito Juan de Vilagilde aqui puje meu nome et signo et nome en testemoyo de verdade que tal he.