GMH/ÍNDICE A-Z

1098
1454, maio, 2. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle a Ares Martínez o leiro de Labandeira en San Xoán de Pena recibindo a cambio o leiro de Sobrecela.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 12 r.
   

Sabean quantos esta carta viren como nos o dean et cabidoo da yglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia çerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente consello et madura deliberaçon entendendo que fazemos noso probeyto et de nosos suçesores fasemos tal escambea que seia baledeyra para senpre convosco Ares de Fontaao, morador que sodes en a freguesia de Sayoane de Pena desta diocesis de Lugo. Conben a saber que vos damos en escambea, segundo dito he, o noso leyro de Labandeyra, que iaz a a Labandeyra, segundo el a nos perteesçe por razon da nosa amistraçon do mes de janeyro en o dito lugar de Sayoane de Pena, que o aiades vos et vosa vos para senpre por jur de herdade, o qual leyro iaz a a Labandeyra, segundo dito he, en par con outra herdade de nos, o cabidoo, et vay ali un rigueyro per medio que ben da Lama de Raayros, et de outra parte topa en a antiga publica et topa de huna das partes de testada en un leyro de Moor Ferrnandes et de Tereyia Ares et da outra parte topa de testada en o rego susodito que çerca o dito leyro, por lo qual dito leyro vos, o dito Afonso Martines, nos dades en escambea segun dito he o voso leyro que foy de Moor do Curral, chamado da Sobreçella, que a vos perteesçe por donaçon que del fezo a dita Moor do Curral a o dito voso padre, Afonso Ares, o qual dito leyro ias en par cabo de outro leyro de Afonso Lopes de Ribadeu, et da outra parte cabo de outro leyro de Afonso Yanes do Souto et de sua yrmaydade, et topa de testada da huna parte en huna leyra de Onega que he do dito Afonso Lopes, et da outra parte testa en outro leyro do dito Afonso Lopes.

Et eu, o dito Afonso Martines, que presente estou asy dou o dito meu leyro en escambea, segun susodito he, a vos os ditos dean et cabidoo por lo dito voso leyro para senpre jamays por jur de herdade et a vosos suçesores. Et nos os ditos dean et cabidoo asy o reçebemos et vos damos et outorgamos por el en escambea o dito noso leyro para senpre jamays por jur de herdade et a vosa vos. Et por mayor firmesa nos as ditas partes nos obligamos de teer et guardar todo o suso contiudo et de fasermos de paz a todo tempo a dita escanbea, et porque seia çerto mandamos delo fazer et outorgar dous contrabtos de escambea anbos en un thenor per lo notario iuso escripto.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dous dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito contrabto: don Juan Garçia de Melgosa, dean; et Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoureyro; et Gomes Vaasques, Diego Vaasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, et Pedro Meendes, coengos da dita iglesia, capitulantes.