GMH/ÍNDICE A-Z

4

1416, xullo, 14.
O Concello, en vista da falta de cartos para paga-las cantidades que debían pagarse ó Rei, arcebispo, etc., ordena ós procuradores que recaden o tercio das rendas que constaban no caderno, e que dese diñeiro se pagase o arranxo das portas da cidade que o precisaran, antes do día de Santiago.
O Concello ordena que as persoas que tiñan as chaves das portas da cidade, as fixeran fechar cada noite para evitar danos á mesma.
 
Quatorze dias do mes de julio. Sabean todos que seendo o conçello, justiça et homes bõos, regidores da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines notaryo publico da dita çidade, presentes enno dito conçello Martin Serpe, justiça enna dita çidade et Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçalves do Preguntoiro et en prensença de min, Feman Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et todos los seus regnos et scusador por lo dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptas. Enton o dito conçello, justiça et omes bõos, regidores diseron que por mesteres que de presente avian et por quanto devian çertas contias de moravedis de jantar et marcos do noso señor el rey et de noso señor o arçobispo et de presente non avian para pagar os taes maravedis et jantar et outras devedas que devian a outras personas et para segir os pleitos do dito conçello, as quas devedas desian que eran neçesarias de se logo pagar et por quanto entendian que era mais proveito do dito conçello et moradores da dita çidade que se deitase renda en ela para se pagaren as ditas devedas et os mesteres en que estavan que mandavan et mandaron que se recabdasen terço da renda de  triinta mill moravedis que seerian des mill maravedis, branqua en tres dineiros, et que mandavan et mandaron a Gil Peres, procurador do dito conçello, que presente estava, que el et Garçia Rodriges, procurador eso mesmo do dito conçello, que era absente recabdasen logo o dito terço da renda, por los infintos que estavan feitos et que dos primeiros maravedis que recabdasen que fezesen logo apostar as portas da dita cidade en tal gisa que fosen apostadas d’ante dia de Santiago (± 32) mingoa de se adubaren as ditas portas non viese dapno a a dita çidade et porque fosen agiña apostadas que mandavan et mandaron a o dito Martin Serpe et Vaasco Troquo, absente, justiçias enna dita çidade que tomasen a madeira que fose mester para as ditas portas onde quer a achasen et a pagasen a seus dopnos dos dineiros do dito conçello et mesme constregesen a os carpenteiros que lavrasen as ditas portas et lles pagasen seus jornaas.  //
(Fol. 2)8
Et eso mẽesmo tomasen onde quer que achasen a pedra que lles fose mester et outrosi mandavan et mandaron aas  ditas justiçias que fezesen logo pagar a dita renda et faser adubar as ditas portas en maneira que conprido en elo mandado de noso señor o arçobispo et non no fazendo asi as ditas justiças que o dito señor arçobispo se tornase por elo a eles et non ao dito conçello. Testemoyas que foron presentes, Juan Bugeirete et Alvaro Gil, Vaasco Peres Abril, Pero Leal, Gonçalvo de Covas, Martin Fagundes, Jacome Gomes et Fernan da Prova, Migell Rodriges, Pero Rodriges Sopas, Juan Duran, Bernald Yanes do Camiño, Juan Garçia de Vilarente, Gonçalvo Garçia, demandador, Gonçalvo Abril, Gonçalvo Rodriges do Camiño, Pero Femandes da Cotiña, vesiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello mandaron que as personas que tinan as chaves das portas da dita çidade que as fezesen çarrar cada noyte porque non viese por elas dano a a dita çidade. Testemoyas, os sobreditos.


8 Debido o cambio de foliación que indicamos anteriormente, vólvese a este folio 2.