GMH/ÍNDICE A-Z

1369
1487, abril, 17. Lugo
Testamento de Xoán Afonso de Castro Alfonsín, clérigo do coro de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/15 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 315 x 250 mm.

En o nome de Deus amen. Sepan quantos este publico instormento de carta de testamento viren como eu Juan Alfonso de Castro Alfonsyn, clerigo de missa del coro de la iglesia de Lugo, jasendo doente et temendome de la morte por que todos avemos de pasar, et teendo todo meu sisso et entendemento conplido, qual Deus nuestro senor tebo por bien de me dar, faço et ordeno este meu testamento et manda para que valla despoys de meu pasamento.

Iten mando primeyramente a mina alma a meu senor Deus para que el la reçeba en as suas maos et la leve a la sua santa gloria del parayso, la qual el redemeu por la sua santa preçiosa sangre. Item rogo et pido a la senora Santa Maria sua madre et abogada de todos los pecadores que ela queira seer abogada de la mina anima quando se deste mundo partir et ruege a meu senor Jhesu Christo, seu fillo, que me queyra perdoar todos los meus pecados et levar la mina anima a la sua santa gloria. Iten rogo et pido a San Pedro et San Paulo et a Santiago con todos los outros apostolos, et a San Savastian et a San Lourenço con todos los outros martires, et a San Martino con todos los outros confesores, et a San Migeel con todos los outros angeles et arcangeles, et a todos los outros Santos et Santas da gloria çelestial que sejan meus abogados et queyran rogar por mina anima a o meu senor Jhesu Christo que me queyra perdoar. Iten mando que se for [...] senor Jhesu Christo de me levar desta presente vida que lançen minas carnes dentro en a iglesia de Lugo a la entrada de las portas prinçipales cabo donde jas Roy Lopes, sanchristan, que Deus aja. Iten mando a a dita iglesia de Lugo para senpre jamays jur de herdade por la mina orta propia, que eu teno açerca da Crus do Pineyro cabo de outra orta de Juan de San Martyno, en cada un ano, quareenta maravedis vellos por los quaes me digan un aniversario de cada un ano con sua misa cantada et responsos, segun custume da dita iglesia de Lugo, o qual quero et he mina boontade que o fagan a vinte et un dias do mes de abril de cada un ano, et mando que se non posa vender a dita orta, nen enagenar se non con esta dita pension dos ditos quoreenta maravedis vellos, que mando para senpre jamays por jur de herdade a dita iglesia de Lugo porque me fagan o dito aniversario, segun dito he. Iten mando que me onrre meu herdeyro et conplidor deste meu testamento segun que viren que perteesçe a meu estado et que chamen el cabilldo da dita iglesia de Lugo et los frayres de los Monesteryos de Santo Domingo et de San Françisco desta çibdade para mina sepultura et honrras et lles den seu selario, segun que es costume. Iten mando a la Trenidad para redençion de los catibos un real de prata. Iten mando a todas las confradarias desta çibdad de Lugo a cada huna des brancas. Iten mando a Ponte desta çibdad et a San Lasaro a cada un dous maravedis. Iten mando a la iglesia de San Fiis, donde eu soon clerigo cureiro, dous reales de prata para ajuda de pintar las omagees. Iten mando outros dous reales a la iglesia de San Mamede, et outros dous reales a la iglesia de Sayoane de Tirimol para reparo das ditas iglesias. Iten mando a cada moço destes meus criados, que estan aqui en mina casa, a cada un seu sayo de morilla. Iten mando a Gonçalvo de Paramo, peliteyro, huna capa de palmilla et a sua muller, Aldara Afonso, mina curmaa, tres cargas de pan. Iten mando para la obra desta dita iglesia de Lugo [...] pares de brancas. Iten mando a as ditas iglesia de San Fiis et de San Mamede et de Sayoane de Tirimol, a cada huna das ditas iglesias, sua sabaa et pano de lyno para los altares, et outra a San Froylan para o seu altar. Iten mando que me façan medeo ano et ano acabado segun que viren que perteesçe a meu estado. Iten mando que me digan un tryntanario de misas resadas por mina alma et de aqueles a que eu soon encargado. Iten mando a cada ospital desta dia çibdade huna manta de sayal. Iten leixo el cargo et cunplimento del testamento de Maria Peres de Cospeyto, que Deus aja, en que me leixou por seu herdeiro et conplidor, segun por seu testamento pareçera, leyxo el cargo et conplimento del a Rodrigo Afonso de Aguiar, clerigo de misa, meu criado, para que el cunpla por seus bees, segun que o ela mandou conplir. Iten nomeo por persona del foro de la casa que ora nobamente me mandou a dita Maria Peres, nomeo por persona dela a o dito Rodrigo Afonso de Aguiar, meu criado. Iten nomeo por persona de la casa que ora tengo en rua Noba a Catalyna, mina criada; et eso mesmo nonbro por persona del foro que eu tengo a o Castro de Velesar a a dita Catalyna. Iten leyxo por meu conplidor deste meu testamento a Gonçalvo de Paramo, peliteyro, vesino desta dita çibdade, para que por meus bees mobeles et raises cunpla minas mandas et onrras et sepultura, et mandolle por seu traballo huna carga de pan. Iten en todos los outros meus bees, asy mobeles como rayses, remanentes leyxo por meu herdeyro universal para senpre jamays a o dito Rodrigo Afonso de Aguiar, clerigo, meu criado, et arredro a todos los outros meus parentes et parentas que non posan yr nen pasar contra este dito meu testamento nen mandas en el contyudas con çinquo soldos a cada un, et quero que non posan aver nen levar mays de meus bees. Iten quero et outorgo que nen el Papa nin el Rey nin a Rayna nen Obispo nen Arçobispo nen Cardenal nin outra persona ninguna que seja que tena poder para visitar los testamentos et mandas del que non posa entender en este meu testamento nin mandas nin entender con meu herdeyro et complidor fasta un ano et un dia que lles dou en que o cunplan. O qual dito testamento et mandas del quero et outorgo que valla como mina ultima et postremeira boontade et reboco et dou por ningun outro qualquer testamento ou testamentos ou mandas ou codiçillo que antes desta aja feytos para que non vallan, salvo este que agora fago, çerca do qual outorgo delo esta carta de testamento et condiçillo, manda et rebocaçion por ante el notario et testigos de juso escriptos tal qual en dereito con consello de leterados se poder faser et notar et a segun meus bees et mandas en el contyudas.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, a dies et sete dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta et sete anos.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: Afonso Martines de Galdo, et Pedro de Mera, canonigos; et Afonso Ferrnandes de San Jullao, raçoeyro; et Juan Ferrnandes de Castro, sanchristan, et Juan Gomes, clerigo del coro de Lugo; et Afonso Yanes da Porta de San Pedro, et Pedro Ares de Castelo, çapateyros et vesinos da dita çibdade.

Et eu Vasco Rodrigues de Parga, canonigo da iglesia de Lugo et notario apostolico por la Santa fee apostolica de Roma, a todo esto que dito he en un con los ditos testigos presente foy, et esta carta de testamento et manda, segun que se todo por ante min pasou et por ante os ditos testigos por lo dito Juan Alonso foy todo asi mandado et outorgado, por mina mao escrevey et por ende aqui puje este meu nome et signo acostumados, rogado et requerido, en testimoyo de verdade que tal he (signo).

Materias

alimentos; altar; aniversario; apóstolo; arcanxo; branca; cabido; cabido; capa; castro; catedral; cativo; censo; cláusula; cóengo; confraría; construción; convento; coro; corte romana; crego; criada; criado; cruz; cumpridor; curmá; curmán; doazón; dominico; escritura; esmola; esposa; esposo; fábrica; familia; frade; franciscano; freguesía; fundación; gran; herdanza; horta; hospital; igrexa; imaxe; leprosaría; letrado; linde; liño; marabedí; mártir; misa; misa; mosteiro; mozo; muller; nomeamento; notario apostólico; ornamentos; pan; panos; párroco; peliqueiro; pintura; ponte; porta; prata; racioneiro; real; responso; roupa; rúa; sancristán; sepultura; soldo; testamenteiro; zapateiro; testamento

Persoas

Afonso Eáns da Porta de San Pedro, zapateiro; Afonso Fernández de San Xiao, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Aldara Afonso; Catarina, criada; Gonzalo de Páramo, peliqueiro; María Pérez de Cospeito; Pedro Ares de Castelo, zapateiro; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Roi Afonso de Aguiar, crego; Roi López, sancristán; Vasco Rodríguez de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de San Martiño; Xoán Fernández de Castro, sancristán; Xoán Gómez, crego do coro de Lugo; Xoán Afonso de Castro Alfonsín, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, cabido; San Francisco de Lugo, convento; San Domingos de Lugo, convento

Lugares

Aguiar; Castelo; Castro; Castro Alfonsín; Castro de Velesar; Cospeito, Santa María; Cruz do Pineyro; Galdo, Santa María; Lousada, San Mamede; Lugo; Mera; Páramo; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sant Martino; Tirimol, San Xoán