GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

172
1328, decembro, 7 (Reboredo)
venda

Roi Pérez, escudeiro, véndelle ao seu irmán Lopo Rodríguez de Sabadelle todo o seu dereito no casal do Rial, en Calvelle, por 900 mrs.

ACOu, Escrituras X, 8

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Ruy Peres, escudeyro fillo de Rodrigo Aras cavalleyro que foy de Sabadelle, et eu Elvira Aras moller do dicto Ruy Perez, por nos e por toda nossa voz vendemos e por esta carta entergamos a vos Lopo Rodriguez, yrmao de min Ruy Peres, e a toda vossa voz para senpre todo quanto dereyto e quanta voz nos avemos no cassar do Rial que tem Domingo Eanes das Quintaas e Sancha Fernandez sua moller a foro, o qual nos conpramos a Giraldo Esteveez, escudeyro fillo de Estevoon Peres dito Çemtroens, e iaz na friguesia de Sam Miguell de Calvelle. Vendemos vos o dicto casar asy commo o nos conpramos a monte e a fonte, que vos façan desse casar os foros e dereytos que a nos avian de fazer ben e conpridamente et assy vos commo vossa voz averdes e possuyrdes os foros do dito casar por jur derdade para senpre e façades delo livremente vossa voentade. Ca outorgamos que reçebemos de vos por esto en prezo que aprouvo a nos e a vos, conven a saber noveçemtos mor. de portugueses conta[dos] dez e seis par de diñeiros novos por tres mor. e outorgamos que son ia en nosso jur e en nosso poder, e todo quanto jur, possissom, señorio e propriadade que nos avemos no dito casar todo o tollemos de nos e poemolo en vos por esta presente carta. Et outorgamos deffender vos e toda vossa voz a dereyto con esta vemdiçon por todos nossos beens, et quem quer da nossa parte quer da estraya que vos contra esto passar aia a yra de deus e peyte de pena aa voz do arçibispo quinentos mor. e outros tantos aa parte querelossa e esta carta fique firme. Feyta a carta en Revoredo vii dias de dezenbro, era de mill e ccc e lxvi annos. Testemoyas que a esto presentes foron Johan Moogo rector da igleia de Calvelle, Aras Peres de Revoredo, Johan Lagoços fillo de Pero Martines que foy desse lugar, Johan Martinez da Vacariça.

Et eu Tome Anes notario en terra d’Aguiar en lugar de Affonso Eanes notario dessa meesma terra pola igleia de Santiago que foy a esto presente e esta carta ende escrivi e meu signal y pugen que atal he.

(sinal)

[reverso] Carta do casar do Rial que an na friguesia de Calvelle.