GMH/ÍNDICE A-Z

112

febreiro, 24

Gonzalo de Seoane, morador en Santiago de Gustei, vende a Xoán Fernández, reitor de San Martiño de Cornoces, un leiro de viña en Gustei por 200 mrs. e a obrigación de pagar o foro de sexta ao Cabido. (fols. 35v-36)

Carta de Joan Fernandes, feita e dada.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Gonçalvo de Seoane, morador en Santiago de Gostey, vendo firmemente por min e por toda miña voz porlo tenpo et voses que o eu teño e logo por esta presente carta entrego a vos, Joan Fernandes, clerigo reytor da igleia de San Martiño de Cornoses et porlo tenpo e voses que o eu teño, conben a saber que vendo huun leyro de viña que jaz enna freigesía de Santiago de Gostey et parte con a casa \a leyra de viña/ de Pero Fernandes et da outra parte con herdade de Joan \da/ Ruella et vay topar enno camiño que vay de Ruella \Ribella/ para Seqeiros, vendo vos o dito leyro de viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que o labredes et paredes ben et façades do dito leiro de viña foro de sesta ao cabiidoo da igleia d’Ourense de todo o viño et conposta que deus en el der \chantedes o monte que esta por chantar e labredes e paredes ben/ a qual novidade colleredes por olo do mayordomo do dito cabido, ao qual proveeredes de comer et de beber etç. segundo que eu soon tiundo etç. et do al que o ajades de disemo a deus, livre et quite de todo outro trebuto, çenso etç. e logo o qual vos vendo por preço de dosentos mrs. de moeda vella branca en tres dños. dos quaes CC .- me logo dou por pago etç. e se mays val dou voslo en pura doaçon etç. e logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. e renunçio etç. et obrigo todos meus beens e os beens que a min son obrigados etç. para vos faser saao e de pas o dito leyro de viña et para vos defender con el a dereito etç. Tests. Joan d’Agyar alfayate et Gonçalvo Martines de Seixalvo e Diego criado de Alvaro Fernandes, et o dito Joan Fernandes obrigouse de lavrar et parar ben et faser o dito foro de sesta ao dito cabiidoo. ( fol. 35v)
Et logo en este dito día e ora e por estas testemunyas o dito Gonçalvo de Seoane non fica devendo ao dito Joan Fernandes porlo dito dito souto da Pedraça mays de oyteenta mrs. por quanto os outros se descontaron en esta venda. Tests. os sobre ditos.