GMH/ÍNDICE A-Z

12

xaneiro, 5

Gonzalo Pérez do Resaio, morador en Barbadás, doa á igrexa de Santa Comba de Gargantós un leiro e un piteiro de herdade sitos nesa freguesía, coa condición de que o reitor actual, Ares Fernández, e os sucesivos lle digan anualmente unha misa cantada de réquiem no día de Santa Comba. (fols. 3v-4)

Feita e dada. Carta de Ares Fernandes, reytor de Santa Coonba, pagadas IIII brancas.

Sabean quantos esta carta de doaçon viren como eu Gonçalvo Peres do Resayo, morador enna aldea de v Barbadaas, dou en pura doaçon legitima para senpre a igleia de Santa Coonba de Gardantoons, hun leiro derdade que jaz enna dita freigesía de Gargantoons, o qual jaz a su o camiño que vay para Calvello et en fondo \e do outro/ topa en erdade Tereija Yanes Neta e topa en fondo enno lameiro e con herdade da dita igleia. Iten lle dou mays a dita igleia en doaçon outro piteiro derdade que parte con outro piteiro da dita igleia et parte con outro piteiro que jaz yndo da dita igleia para o Pineiro junto con a nugueira; dou os ditos dous leiros derdade para senpre a dita igleia e de disemo a deus con esta condiçon, que o reytor da dita igleia Ares Fernandes que agora he e os outros reytores ( fol. 3v)
que foren porlo tenpo para senpre que me digan huna minsa cantada de requian en día de Santa Coonba por mina alma e de aqueles a que eu soon tiundo et non na disendo os ditos reytores que seus erdeiros do dito Gonçalvo Peres que posan demandar as ditas herdades. Et Ares Fernandes, reytor da dita, en quanto dela fose reytor obrigouse dea diser et o dito Gonçalvo Peres do resayo asy feso a dita doaçon a dita igleia para senpre e logo todo jur, dereito, senorio e posison que a el avia o dava e puyña et traspasava enna dita igleia dos ditos dous leiros derdade agora e para senpre e de disemo a deus etç. e prometia de nonca contra elo yr nen pasar so penna de quiñentos mrs. quantas veses contra elo fose etç. sobre lo qual fasía carta de doaçon a dita igleia dos ditos dous leiros firme e valedeira etç. Tests. Loys Gonçalves, Joan do Bouteiro, Rodrigo de Sandoval et Gonçalvo da Pousa.