GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1108
1456, xullo, 12. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Fernando de Trasmonte medio terreo edificable na rúa da Ferraría por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1336 nº 10, perg. orix., galego, cortesá, 260 x 250 mm.
   

Saban quantos esta carta de penson viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo sendo juntos en noso cabilldo chamados por son de canpaa, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta dos orgoos, veendo et entendendo que esto he noso proveyto et de nosos suçessores damos et outorgamos a pension perpetua para sempre jamays jur de herdade a vos Fernando de Trasmonte, ferreiro, visino desta çiudade, et a todos vosos herdeyros et deçendentes, a meytade de huna nosa praça de casa que vos d’antes tynades en foro quando estava feita antes que ardese, a qual jas en esta çiudade en a rua da Ferraria a [canto] do carril que vay da dita Ferraria para o Mirleu contra San Francisco da huna parte, et da outra se parten con outra praça mays pequena, que he nosa, que de nos ten en foro et da dita iglesia Vasco de Martur, coyteleyro, a qual jas su o signo da Capela de Santiago, et foy de Fernando Yanes da Pousa, a tal pleito et condiçon que levantedes a dita praça de casa feita sen maliçia et asi a tenades vos et vosos herdeyros levantada, feita et reparada a todo caso fortoyto que vena; et que dedes de penson a nos et a nosos suçessores oyto maravedis vellos de longos, en cada hun ano, por dia de San Martino de nobenbre a o colledor dos aniversarios da dita iglesia, ou outra moeda que os valuer segundo se correr de mercador a mercador; et mays que querendo vos ou vosos herdeyros vender a dita casa que seiades tiudos requerir a o dito cabilldo et se por lo justo preço a quiseren conprar que a posan aver antes que outro algun; et mays non pagando en tres anos, eles pasados, que o dito cabilldo posa resçeber a dita casa se quiser con todos los boos paramentos que en elas foren feitos, et que vos et vosos deçendentes que teveren a dita casa seiades a a dita iglesia et cabildo obedientes.

Et eu, o dito Fernando de Trasmonte, que presente estou para min et para meus herdeyros et suçesores et deçendentes asi o reçebo de bos, o dito cabilldo, por lo modo et maneira et condiçoes susoditas et asi obligo a min et a meus beens et dos ditos meus herdeyros et suçesores de o teermos et complirmos gardarmos et pagarmos todo asi su a dita pena de perder a dita penson. Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos et mandamos a o notario iuso escripto que vos de et faga delo esta carta de penson forte et firme et en a maneira susodita et vos la de signada de seu signo et seelada con noso seelo, et lançe outra tal en o noso libro.

Que foy feita et outorgada en o dito lugar de cabilldo, dose dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et seys anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Peres de Carballido, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyos, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Diego Vasques, Lopo Garçia, canonigos prebendados, et Roy Lopes Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo, et outros.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo da dita iglesia de Lugo, notario publico por las auctoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de penson escripvi et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade, rogado et requerido.