GMH/ÍNDICE A-Z

511
1348, xaneiro, 26. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lope Afonso e á súa muller, Tareixa Fernández, catro leiras na agra de Arnela, lugar de Noosende, freguesía de Santalla de Sisoi, por renda anual de tres marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 58r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, lo cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de Iohan Ferrnandes, raçoeyro desse lugar, et vigario de don Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et dos coengos de aniversario da dita iglesia, avervamos a vos Lopo Affonso, fillo de Rodrigo Affonso de Saavedra, et a vosa muller, Tareyia Ferrnandes, por en todos vosos dias d’anbos, quatro leyras de herdade que iasen na agra de Arnela ut chaman Noosende, sub signo de Santa Alla de Susoy, que son dos aniversarios da dita iglesia de Lugo; as quaes leyras feren de testa no rio do Minno et da outra testa feren en huna herdade et en hunas casas que foron de Fernando Varela, et de huna yllarga iasen cabo herdade da iglesia de Santa Alla et da outra yllarga cabo a herdade de Matocovo; as quaes leyras o dito Rodrigo Affonso tragia et agora conosçeu et desenbargou a a dita iglesia de Lugo, a a tal pleito et vervo que vos façades lavrar as ditas leyras et pararlas ben, et dedes, cada anno, por renda et reconosçemento delas a a iglesia de Lugo, tres moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso en salvo en Lugo, por dia de San Martino, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia. Et a finamento de vos anbos as ditas leyras an de ficar livres et quitas a a dita iglesia de Lugo para senpre con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Affonso, que estou presente por min et en nome da dita minna muller, Tareyia Ferrnades, asy reçebo de vos, o dito cabidoo, as ditas leyras, et obligo todos meus beens et seus para pagar os ditos tres maravedis cada anno, et vos leyxar livres et desenbargadas as ditas leyras, commo sobredito he. Et que esto seia çerto nos, lo cabidoo et Lopo Affonso sobreditos, rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas tal huna commo outra, huna no livro do cabidoo et outra a o dito Lopo Affonso.

Que foron feitas en Lugo viinte et seys dias de janeyro, era de mill et treçentos et oyteenta et seys annos.

Testemoyas: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Arias Pellaes, arçidiago de Deçon; Affonso Gomes, Vaasco Peres, Fernando Affonso, Iohan Dias, coengos; Iohan Ferrnandes, Fernando Peres et Affonso Eanes, coengos de aniversario; Fernando Vaasques, clerigo; Affonso Eanes, alfayate da rua de Vermun Sanches; Rodrigo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts. Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente foy et a rogo do cabidoo et Lopo Affonso sobreditos esta carta en minna presença fiz scripvir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.