GMH/ÍNDICE A-Z

934
1416, outubro, 15 xoves. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalles a Pedro Ares e a toda a súa voz un terreo para horta na rúa de Burgo Novo, por renda anual de doce soldos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 119 v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seys anos, joves, quinse dias do mes de outubre. En a çiudade de Lugo estando as persoas coengos et benefiçiados do cabidoo et iglesia de Lugo en seu cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, estando presente Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, en presença de min notario et testemoyas iuso scriptas, enton Pedro Ares, alfayate, morador en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, logo enton as persoas coengos et benefiçiados do dito cabidoo con consintimento do dito Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios da dita iglesia de Lugo, diseron por min o dito notario que eles davan et outorgavan, et deron et outorgaron a o dito Pedro Ares, alfayate, et a toda sua vos para senpre jamays, huna praça que era dita iglesia (sic)  de Lugo et dos aniversarios dela que estava en a dita çiudade de Lugo en dereyto a porta da casa do seydo em que mora o dito Pedro Ares morava en a dita çiudade de Lugo (sic)  en a rua de Burgo Novo, sub signo da Capela de Santiago açerca do Moesteyro Novo, et que o dito Pedro Ares fezese orta en a dita praça em quanto se montase en dereyto da casa onde el morava de parede a parede ata onde lle o dito Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro dos ditos aniversarios, posese termino, ou o que entedese que lle compria; et dese de çenso et de penson em cada hun ano, a os aniversarios da dita iglesia de Lugo et a o rendeyro delles, doze soldos vellos en cada hun ano por dia de San Martino para senpre jamays el et toda sua voz, et que se non rende o dito Pedro Ares nen seus suçesores de faser lavor, nen orta, nen cortina, nen seydo salvo en quanto fose en dereyto da porta et seydo da dita sua casa segundo os outros ortos et seydos das outras casas da dita rua et lle o dito Lopo Ferrnandes dese seydo et termino et llo asynase. Et o dito Pedro Ares que presente estava por sy et por toda sua voz assy reçebeu a dita graçia et merçede que lle o dito cabidoo fazia do dito seydo por sy et por toda sua voz, obligou sy et a todos seus bees de dar et pagar em cada hun ano para senpre jamays a a dita iglesia et a os aniversarios dela os ditos doze soldos por lo dito dia de San Martino.
Testemoyas: don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; Lopo Diaz, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Juan Eanes, Fernando Rodrigues, Afonso Teyxeyro; Rodrigo Ares, Juan Diaz, Nuno Gomes, et Afonso Ares, coengos; Affonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, Fernando Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro F., notario.