GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

443
1388, novembro, 18 (Copia feita o 15 de xullo de 1395).

foro

Xoán Lourenzo de Cambeo, clérigo do coro, afóralles a unha voz a Xoán Iáñez e á súa muller, Aldonza Iáñez, dous leiros de herdade en Ribela por terza (salvo de nabal), un capón e a metade dos castiñeiros para madeira.

ACOu, Clérigos do Coro, 136

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Johan Lourenço de Canbeo clerigo do coro da igleia d’Ourense dou e outorgo a foro a vos Johan Anes morador em Ribela que sodes presente et a vossa moller Aldonça Anes que non he presente em vossa vida danbos et a huna vos despoys do finamento do pustremeyro de vos, he a saber do[u]s leyros derdade que eu ey et me a min pertesçen de dereito por parte de meu avoo Johan Lourenço et por parte de Lourenço Anes de Canbeo meu tyo que foron, os quaes estan enna friguisia de Sam Jullao de Ribela enno lugar a que chaman a Fonte do Monte segundo que estan demarcados. Et huun delles parte de huun cabo con a cortiña do Frade, et ho outro leyro parte con outro leyro de Pero Fernandes da Riba et em çima topa enna leyra dos de Tavoada, et en fondo topa enna congostra que vay de Ribela para Ourense. Aforovos os ditos leyros por lo dito tenpo commo dito he con todas suas entradas e seydas, jures e perteenças por hu quer que os aian et devan a aver de dereito, por tal pleito e condiçon que os chantedes de viña salvo se y quiserdes faser huna pequena de chousa que digan dous hommes boons tomados a praser de nos as ditas partes que façan para seer de cho[u]sa, et ho mays que seia chantado de viña. Et daredes e pagaredes de foro a min ou aa miña vos em cadauun anno a terça parte de todalas novydades que deus en eles der, salvo de nabal se o y ouver, et por dia de Sam Martiño me daredes por dereitura em cada huun anno huun capon que seia boon, et outrosy que aia a meatade dos castineiros que estan ennos ditos leyros para madeyra que aio mester para o que me cunplir. Et por estes foros aiades os ditos leyros livres e quites de todo outro enbargo pagando o seu disemo a deus, a qual novydade avedes de coller por min ou por meu home, ao qual avedes de proveer de comer e de beber cumunalmente. Et se quiserdes vender, deytar ou supynorar os ditos leyros ou parte deles por lo dito tenpo que primeiramente seia eu ou miña vos con eles frontados e riquiridos e nos seian dados por lo justo preço que outro por eles quiser dar ante que a outro alguun, et non o querendo ou non o podendo eu ou miña vos aver por lo justo preço que entonçe os vendades ou deytedes ou supinoredes a atal pessona que seia semellavil de vos de que eu ou miña vos ajamos e posamos aver e cobrar os ditos foros e dereitos. Et obrigo a vos todos meus beens eclesiasticos e segrares avydos e por aver para vos anparar e deffender con os ditos leyros a dereito enno dito tenpo commo sobre dito he. Et eu o dito Johan Yanes que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente et por la dita nossa vos asy o outorgo e reçebo em min de vos o dito Johan Lourenço os ditos dous leyros derdade aforados por lo dito tenpo segundo dito he e para os lavrar e chantar de viña e de cortyña e pagar de cada anno os ditos foros et conprir e agordar todalas condiçoens desta carta e cadauna delas obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaanar movilis e rayses. Posto foy e outorgada penna entre estas ditas que qual quer delas que contra esto que dito he quiser passar que peyte aa outra parte que o conprir e agordar quiser cem mor. da boa moeda e a dita penna pagada ou non esta carta fique firme e valla enno dito tenpo. Feyta a carta en Ourense dez e oyto dias do mes de novenbro, era da naçença de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e oyto annos. Testemunyas Fernan Martines home que foy de Oraca Domingues dita Lorda e dom Çaque de Lion e Pero moço de min notario et Afonso Yanes clerigo morador enno dito lugar de Ribela e outros.

Et eu Ares Yanes notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar et dado por notario aas notas et escripturas que foron e ficaron de Gonçalvo Peres Sardiña notario que foy d’Ourense para as escripvir e notar en publica forma e darlas aquelas pessonas a que perteensçeren, esta nota achey en huun livro de suas notas, a qual nota era escripta por sua mao e non era rasa nen cançelada nen em outro lugar suspeyto, aqui foy sacada da dita nota, quinse dias do mes de julio, anno do nasçemento de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e çinqo annos et aqui meu nomme e signal fis que tal he em testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de foro que fezo Juan de Canbeo de dous leyros derdade que estan en Ribela.