GMH/ÍNDICE A-Z

915
1413, febreiro, 6. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López e a dúas voces o casal de Taboelle nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa María Madalena de Adai, máis unha porción de casa en Lugo, por 83 marabedís anuais.



MADRID, AHN, Carp. 1335 nº 12, perg. orix., galego, cortesá, 205 x 360 mm.

 

Saban todos como nos as persoas et coengos et omes boos do cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que o avemos de uso et de custume, con Fernan Rodrigues das Camoyras, coengo, vigario et lugartenente de don Johan Martines, dean de Lugo, et por poder espeçial que lle para esto a juso escripto he dado et outorgado por lo dito archidiacono, segundo esta por min notario juso escripto, avido sobre esto adeante contiudo primeiramente deliberaçion et consello, et veendo et entendendo que he nosa prol et da dita iglesia et de nosos susçesores, de consintimiento et outorgamento de Johan Eanes, coengo de Lugo, que esta presente et outorgante, teente os beens das proçisoes que ordenou don frey Pedro Lopes da boa memoria, Obispo que foy de Lugo, aforamos a vos Afonso Lopes, mercador, fillo de Roy Lopes, mercador que foy, et a duas persoas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela ou a a que por vos for nomeada, et se por ventura non for nomeada que seia aquel ou aquela que de dereito herdar vosos beens, o casal de Taboelle que he et perteesçe a os ditos beens das ditas proçisoes con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et caneyros et montes et pazcos et entradas et seydas, per u quer que vaan, a montes et a fontes, sub o signo de San Miguell de Orvaçae et de Santa Maria Magdalena de Adae, segundo que os vos o dito Afonso Lopes agora usades et tragedes; outrosi vos afforamos mays quatro disimos et meo de huna casa que esta en esta çiudade de Lugo en a rua do Quanpo açerca da Carnyçaria, sub o signo da capela de San Pedro, en a qual ora mora Rodrigo Afonso et sua muller, Ynes Peres, a a tal pleito et condiçon que façades labrar et parar ben as herdades do dito casal et sacar de monte as que ora jasen en terra en o dito lugar de Taboelle para que fiquen feitas en fin do dito tenpo a nos o dito cabidoo; et outrosi que ponades ou façades poer des arvores en o dito lugar que seian pereiras, ou maçineiras, ou castineiras, et as dedes et leixedes presas de garfeo et de reys en fin do dito tenpo da dita postremeira persoa; et outrosi que mantenades os ditos quatro disimos et meo da dita casa do Quanpo feita et cuberta et levantada et morada et en boo paramento, et os reparedes de aquello que lle feser mester que seia tabra et madeyra. Et daredes de foro et renda en cada hun ano a o dito Johan Eanes, ou a aquel que por nos tever os dito beens das ditas proçisoes, das ditas herdades et casas et cousas perteesçentes a o dito casal de Taboelle et dos ditos quatro disimos et meo da dita casa do Canpo vos et as ditas persoas despoys de vos oyteenta et tres moravedis longos de moneda vella, de oyto soldos o moravedi, segundo que se pagaren os outros dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et que os paguedes a o dito Johan Eanes, ou a aquel que tever por nos os ditos beens, como dito he, en cada hun ano por dia de San Pedro de Quatreda; et a finamento de vos et da postremeira persoa que susçeder en o dito foro, como dito he, que as ditas herdades et casas et cousas perteesçentes a o dito lugar de Taboelle et os ditos quatro disimos et meo da dita casa do Quanpo fyquen libres et quitos et desenbargados et ben reparados a a dita iglesia de Lugo, et a aquel que tever os ditos beens das ditas proçisoes con todos los boos paramentos que en eles foren feitos.

Et eu, o dito Afonso Lopes, que presente estou por min et en nome das ditas perssoas asy resçebo de vos, as ditas persoas et coengos et omes boos do dito cabildo da dita iglesia de Lugo, o dito foro que nos asy fasedes do dito casal de Taboelle et dos ditos quatro disimos et meo da dita casa do Quanpo, segundo et en a maneira suso declarada, et obligo meus beens et seus de o conprirmos et pagarmos et atendermos segundo dito he.

Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario de juso escripto que faça desto duas cartas de foro as mays firmes que se poderen faser en dereito et deyte hua signada con seu signo en o libro de nos, o dito cabidoo, et de outra tal a vos, o dito Afonso Lopes, et a vosa vos et persoas, et por mayor firmedue mandamosla seelar con noso seelo.

Feito et outorgado foy esto que dito he en a çiudade de Lugo dentro en o coro da iglesia catedral de Santa Maria do dito lugar, seys dias do mes de febreiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trese anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, archidiacono de Neyra; don Rodrigo Afonso, juys; Rodrigo Ares, chantre de Santiago; Johan Garçya, thesoreiro; Afonso Fernandes, Roy Lopes, Johan Eanes, Afonso Teyxeyro, Fernan Rodrigues das Camoyras, Johan Lopes, coengos et benefiçiados en a dita iglesia de Lugo; Pedro Ferrnandes das Camoyras, Afonso Rodrigues, Afonso Ares, raçioneiros en a dita iglesia de Lugo.

Et avedes a leixar en fin do dito tenpo en o dito lugar de Taboelle hun boy et huna vaca para nos o dito cabidoo.

Et despoys desto, des dias do dito mes de febreiro ano sobredito, estando en a dita çiudade de Lugo en a iglesia cathedral do dito lugar, por min notario et testemoyas adeante scriptas don Johan Rodrigues, archidiacono de Deçon, diso que por si et en nome de don Johan Martines, dean de Lugo, cuio vigario et procurador era, que avia por firme este dito foro et outorgamento que del en seu nome fesera o dito Fernan Rodrigues, coengo, et demays se nesçesario era que o outorgava agora de presente segundo et en a maneira et por lo tempo et persoas que era feito et en el eran contiudas. Et o dito Afonso Lopes pedeu delo a min notario testemoyo.

Testemoyas: Afonso Eanes das Cortinas, Rodrigo Afonso, clerigos do coro de Lugo; Fernan Afonso, porteiro; et Meestre Johan, barbeiro.

Et non enpeezca onde vay escripto sobre raydo que dis asi: et outrosi que mantenades, que foy erro do escripvan.

Et eu Rodrigo Ares, coengo de Lugo et notario publico por la autoridad apostolica, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente foy et a pedimento das ditas partes este instrumento fis scripvir et aqui meu nome et signal acustumados pono en testemoyo de verdade.