GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

114

1419, abril, 4.
O Concello ordena que se paguen ó Bacharel Gómez Rodríguez os maravedís que tiña por mercede do arcebispo.
O Concello ordena ós procuradores que recadasen os alcabales das persoas que prestaran cartos ó procurador Alvaro Vizos e se lle descontase do que agora tiñan que pagar.
 
Quatro dias do mes de abril. Sabean todos que seendo o Conçello e alcalles e regidores, jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han da custume notaria de Roy Martines notario publico da dita çidade, presentes ende Gomes Rodriges bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Afonso Fernan Abril e Alvaro Afonso Juliate e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Juan Ares da Caña, jurados da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario etc, escusador etc e dos testemoyas adeante escriptos; enton o dito conçello e alcalles e regidores, jurados, homes bõos mandaron a Garçia Rodriges e a Juan Dominges de Liñares, procuradores do dito Conçello que pagasen a o dito Gomes Rodriges, bachiller, os moravedis dos marquos de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo, que o dito bachiller del ten em merçede; os quaes moravedis diseron que lle ouveran de seer pagos enno mes de março postromeiro pasada da feyta desta carta e que eran dos marquos deste dito anno e que recabdasen os ditos procuradores carta de pago do dito bachiller e con ela e con este mandamento que lles serian reçebydos en conta aos ditos moravedis dos ditos marquos. Testemoyas: Fernan Ares Xarpa e Alvaro Gil e Juan Raposo e Juan Ares Chantreiro e Gonçalvo (…) de Traço, veziños da dita çidade.
Predito. O dito conçello mandaron aos ditos procuradores que reçebesen os alvalaes das personas que enprestaron ennos tres mill moravedis que recabdou Alvaro Viçoso et os desatasen naqueles que os enprestaron enna renda que agora avian de pagar. Testemoyas os sobreditos.