GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

159

1446, maio, 11. Vilamaior-Mondoñedo.
Foro que fixo o Cabido a favor de Xoán de Pastoriza da casa da Fonte de Vilamaior e dunha viña que levara o cóengo Diego Álvarez nun cánon de 50 marabedís.
A, perg., con signo notarial, de 220 x 425 mm. Letra semigótica.

Anno do naçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et quarenta et seys annos onse dias do mes de mayo enna çiudat de Vilamayor / dentro enno paaço dos Caualeiros sito enna claustra da iglesia catedral da dita çiudat estando por canpaa tangida juntados fasendo cabidoo os sennores / Gomes Peres mestrescola Lopo Aluares de Teyxeiro Afonso Gançales Pedro de Horosco Ruy Gonçales Gonçaluo Peres vicario do dean Juan de Sangiao, Gonçaluo Yanes Afonso Paton / personas et canoigos da dita iglesia de Mondonnedo aforaron para senpre jamais jure de heredade a Juan de Pastoriça que estaua presente et sua moller Costança / Costança (sic) Rodrigues et a todas suas voses a casa da Fonte en que agora mora o dito Juan de Pastoriça et sua muller et as ortas et a vinna que foron de Lourenço / çapateiro et as el avia dado ao dito cabidoo et segundo que as leuou Afonso Rodrigues de Landroue et depois Diego Aluares coengo et vacaron aa morte do dito / Diego Aluares as quaes casas et vinna et ortas con suas pertinenças lles aforaron por foro et çenso de cada vn anno de çincoenta mor. de moeda / vella a dez dineiros nouees por cada vn mor. ou outrra moeda corrente vsual que tanto valla as quaes han de pagar por cada dia de / San Martinno de nouenbro ao dito cabidoo et a sue moordomo et que non posan vender nin dar nin traspassar nin enagenar o dito foro sen consentimento / do dito cabidoo. Et os ditos Juan de Pastoriça et sua muller por sy et por suas voses obligaron todos los outros beens avidos et por aver a este / dito foro et de pagar cada anno ao dito plaso os ditos çincoenta mor. vellos et mais se obligaron de reparar a dita casa et labrar a dita vinna et / ortas et reçeberon asi o dito foro por las condiçoes susoditas. Et o dito Cabildo asi lles lo deron et outorgaron et mandaron a min notario juso escripto / que fesese esta carta de foro para os ditos Juan de Pastoriça et sua muller et voses et outra tal para o dito cabidoo. Que foy feita et outorgada anno / mes dia et lugar sobreditos. Testigos que foron presentes os ditos sennores mestrescola et canonigos et Ares Fernandes raçoeiro et procurador do / dito cabidoo et Fernan Garçia eso mesmo raçoeiro da dita iglesia.
Et eu Pedro de Horozco canoigo et notario publico por la autoridat apostolica a todo esto que dito he con / os ditos testigos presente fuy et esta carta de aforamento escriuin et en ela puge meu signo acos/tumado que tal he en testimoyo de verdade rogado et requerido para elo por lo dito Juan de Pastoriça. (Signo).

(Reverso):
B. Liiii. M.viii. n. 35. Foro del cabildo. Rua da Fonte.