GMH/ÍNDICE A-Z

027
1457

Junjo

(14V)

-27-

Prouãça de / vaca.

Ẽno porto de Rriãjo, qu5ta feyra, dous djas do mes de junjo, ano4 dito de J M CCCCº / LVIJ anos4. Ante o juís Gomes de Rribademar, estãdo asẽtado á oudiẽçia / das bísperas ante a porta de Ferrnando de Catoyra, pareçeu presente Rrodrigo4 / Ares de Mjñortos91, morador en Sã Martino de Mjñortos, e diso que por quanto el avía enprasado / a Jon Seco para santiago sobre rrasõ de hũu beserro e Ferrnando de Catoyra le fesera / partyr do dito enplaso4 e le segurou que lle faría aq cõprimẽto de dereyto, el / ou o dito juís, tragendo testigos sobre ello, do qual dou fe o dito Fernando de Catoyra, / que asinara para oje ao dito Jon Seco que viese ver jurar os testigos; que por / ende que presentaua e presentou por testigos ẽna dita rrasõ a Pero Mjgés / d'Escadia, morador en Sã Martino de Fruýme, e a Afonso de Rriatelo, morador en Santa / Cristina de Barro, e a Jon de Siluarredonda, morador en Santa Vaya de Vila/coua, dos quaes diso ao dito juís que tomase juramẽto e, tomado, / lles pregũtase se sabẽ ou virõ ou oýrõ deser que hũa vaca vermella, / bragada, de húa orella fendida, que agora tẽ o dito Pero Mjgés, se / sabẽ cuja he ou cuja foy ou de que parte vẽo; dos quaes ditos testigos o dito / juís tomou juramẽto ẽna sinal da crus e las palabras dos / santos euãgeos en forma de dereyto. Testigos que forõ presentes: Pero de Villa/nu(u)stre e Áluaro dos Santos e Jon Dominges, moradores ẽno dito porto. E / o que os ditos testigos diserõ e decrararõ ẽna dita rrasõ, cada hũu deles / apartadamẽte cõ o dito juís, he esto que se sigue:

O dito Pero Mjgés, testigo, jurado e pregũtado porla sobredita pregũta, / diso que a dera Pero de Deus e Mayor Afonso, súa moller, a Afonsjno, fillo / de Fernando do Outeyro, que he finado4, esta dita vaca que el agora tẽ, a qual / dita vaca el agora tẽ e teuo fasta aquí porlo dito Ferrnando d'Outeyro, / que ouvo os bees do dito seu fillo Afonsjno, e que92 sabía que lla / derã a dita vaca por serujço que lle avía feyto o dito Alfonsjno e que estou/vera presente quando lla derõ e que desto esto sabía.

O dito Afonso de Rriatelo, jurado e pregũtado, diso que sabe, porque / foy a ello presente, que a dita vaca que a dou Pero de Deus4 e Mayor Afonso, súa / moller, a Alfonsjno, fillo de Fernando do Outeyro, por serujço que ll[e]s[93] fiso / e que vira que diso o dito Pero de Deus4 e súa moller que ben94 conoçía / a dita vaca, que a fose buscar e tomar e a señalase de seu señal / e fesese dela a súa võtade; por quanto eles a dauã ao dito seu / fillo por cárrego que del tijnã, e que desde aquela ora [a]95 touo o dito / Fernando do Outeyro por súa fasta agora, e a lançou ẽna corte ao / dito Pero Mjgés. E esto sabe do dito feyto. //

O dito Jon de Siluarredõda, jurado, diso que foy a dita vaca de Pero de Deus4 e / de súa moller, Mayor Afonso, e que a derã os ditos Pero de Deus e súa moller a Afonsiño, / fillo de Fernando do Outeyro, por tenpo que cõ eles esteuo e morou; e que o sabe / porque foy presente quando lle outorgarõ a dita vaca ao dito moço; e que / sabe que lle mãdaro[n]96 tomar o jur e posesiõ da dita vaca ao dito Ferrnando / do Outeyro, e que senpre esteuo por el fasta agora, e que a teuo e teẽ / Pero Mjgés por el e de súa mão, e que o veu e oeu así, e foy a todo ello / presente, e que deste(o)97 feyto tãto sabía.

Dou IIIJº morauidís. / Deue VIIJº morauidís98.

 

_________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
91. De Mjñortos está entreliñado.
92. Despois está riscada a palabra esto.
93. Está escrito lls.
94. Despois está riscado sa.
95. Está escrito o.
96. Está escrito madaro cun trazo sobre da palabra.
97. Está escrito desto cun trazo sobre da palabra.