GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

687
1368, maio, 5. Lugo
Cláusula testamentaria de Dominga Eanes pola que lle manda á igrexa de Lugo vinte marabedís anuais sobre o seu casal de Castelo para un aniversario e procesión.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 79 r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García; Libros, lib. 6289.

Eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo por autoridade do bispo desse lugar, vi o testamento de Dominga Yanes, muller que fuy de Iacome Guillelmes, notario, o qual fuy feyto por min, notario sobredito, çinquo dias de mayo, era de mill et quatroçentos et seys annos, eno qual testamento se contina esta clausula que se sigue: “Item mando que façan, cada anno por senpre enna iglesia de Lugo, por minna alma et de meu padre et madre et de meus fillos et d’aqueles a que soo tiuda huna proçisson con seu aniversario por dia de sam Marcho, et den para ella quinse moravedis et por lo aniversario çinquo moravedis a aquelas pessoas et coengos que y veeren [a a misa] de prima en outro dia. Et esto que se faça por lo meu quinon do cassal de Castelo. Et se por ventura outro algun feser esta proçisson aquel dia mando que fagan a proçisson por dia de invençio sancte crucis de mayo con seu aniversario, segundo dito he”.

Eu Fernando Garçia, notario sobredito, trasladey do dito testamento a dita clausula en este livro do cabidoo et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.