GMH/ÍNDICE A-Z

128

1419, xullo, 28.
O Concello acorda disminuír 30 maravedís do imposto que se lle impuxera a María Fernández de Corvelle, muller do alfaiate García Rodríguez.
(Fol. 67)

Era sobredita, esta feyra viinte e oyto dias do mes de julio, este dito dia seendo o conçello e alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago ajuntados enna notaria de min Ruy Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que han de usso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges bachiller en Decretos e Vaasquo Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade, Fernan Gonçalves do Preguntoiro Alvaro Afonso Juliate, Martin Galos, Juan Ares da Cana, Afonso Fernandes Abril, regidores, jurados enna dita cidade en presenca de min o dito Ruy Martines, notario e das testemoyas infra escriptas, logo enton o dito conçello e alcalles e regidores sobreditos diseron que por quanto Maria Fernandes de Corvelle, moller de Garçia Rodriges, alfayate, morador enna Rua do Vilar lles mostrara hũa carta de noso señor o arçobispo en que se contiina que a dita Maria Fernandes fesera relaçon ao dito señor disendo que o dito seu marido e ela foran agraviados enno repartimento da renda que se collera e derramara en esta dita çidade este dito anno e por ende que lles mandava por la dita sua carta que os desagraviasen repartindoo en aquela contia de maravedis que rasonablemente devian de pagar. Por ende diseron que eles en conprindo o mandamento do dito señor arçobispo que quitavan e quitaron a os ditos Garçia Rodriges e sua moller triinta maravedis contando blanqua en tres dineiros e que mandavan e mandaron que lle fosen descontados os ditos maravedis de copia en que foran repartidos da renda e media que este dito anno se repartira e collera enna dita çidade e outrosy que mandavan e mandaron que non fosen repartidos enna dita renda e media en mais maravedis dos que [ja] foran repartidos por rason de fallas nen refallas que enna colaçon de Santo Andre onde eles moravan se repartisen e collesen e que mandavan e mandaron que os moradores enna dita colaçon susubisen e pagasen por los sobreditos os dos triinta maravedis que lles asy quitavan por quanto maliçiosamente os repartiran en mays contia do que eles rrasonablemente devian pagar. E outrosy que mandavan e mandaron aos moradores enna dita colaçon que os non 33 repartisen de aqui endeante en quaesquer rendas ou tallas que enna dita çidade se ouvesen de coller e derramar em aquela contia de maravedis que fose rasonabele de gisa que eles o podesen soportar e pagar e que os non repartisen maliçiosamente. E esto fui enna dita çidade enno sobredito lugar, anno e dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Gomes de Marçoa e Vaasco Peres Abril, Ares Chantreiro Alvaro Gil, Garçia Peres de Buno, Juan Garçia e Juan Raposo, canbeadores, e Juan Domingues de Liñares, procurador do dito conçello e Juan Gonçales de Fajeiras demandador, vesiños da dita çidade e outros.
Feito e dado aa dita Maria de Corvelle.
 

33 “non”, borrado.