GMH/ÍNDICE A-Z

286

xuño, 13

O mesmo afora a seis voces a Rodrigo Anes de Paradela tres leiras de herdade no couto de Porqueira por quinta. (fol. 91-91v)

Feita e dada.
Carta de Rodrigo \Yanes/ de Paradella.

Sabean quantos esta carta viren como eu Martin Sanches, abade da igleia da Triindade et vigario e provisor de meu señor don Diego obispo d’Ourense, porlo poder que eu ey do dito señor obispo dou et outorgo, aforo a vos Rodrigo Yanes de Paradella que sondes presente e a vosa moller Tereija Gonçalves que non he presente enno couto de porqueira et a seys voses apus morte do pustromeiro de vos anbos anbo asy que vos en vosa vida no etç., conben a saber que vos aforo quatro \tres/ leyras derdade que jasen enno ( fol. 91)
(- - -) et son do dito señor obispo (- - -) do couto de Porqueira, as quaes ditas tres leyras jasen ermas, et \huna delas/ parten de lo labrado para o monte cortineyro de Roy Baralla ata las fontes dAgrello et a outra jaz leyra jaz su o terreo de Joan Domingues que jaz aas Nugeiras et vay feryr ao rego de Afonso Gonçalves, et ha outra leyra jaz aa Portella, que soya lavrar Gonçalvo da Forga, as quaes ditas tres leiras derdade vos aforo por taes condiçoens que se for achado que persona alguna non tina aforado estas tres leyras ou cada huna delas, que vos que as ajades aforadas \segundo dito he/ e se as outra persona ja dante tina aforadas por carta e titolo, que o dito foro non valla salvo a persona que as dante tina. Aforovoslas con todas suas entradas etç. et que ronpades da dita herdade quanto poderdes ronper que aforada non for et façades foro de quinta de todo o pan e novidade que deus der ennas ditas tres leyras derdade ao dito señor obispo e a seus suçesores, a qual novidade colleredes por ollo do mayordomo do dito señor obispo, ao qual proveeredes de comer et de beber en quanto collerdes a dita novidade et daredes mays de cada hun anno quando collerdes a dita novidade duas picholas \de viño/ segundo custume da dita terra e do al de disemo a deus et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario etç. e se pleyto ou contenda recreçer que sejan tomados dous ommes boons da dita igleia etç. e obrigo os beens do dito señor obispo etç., et eu o dito Rodrigo Yanes obrigo meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos etç. Feito en este dito dia. ( fol. 91v)