GMH/ÍNDICE A-Z

481
1434s/d
O cóengo Álvaro de Aguiar recoñece ter en depósito 900 mrs. de Vasco Pérez de Vilaza, comprometéndose a entregarllos cando llos pida. (fol. 145)

He paga e foy dada por nenhuna.

(En este dito día o dito Alvaro d’Agyar coengo outorgou et conosçeu que tiña en garda et deposito do dito Vasco Peres de Vylaça noveçentos mrs. branca en tres dños. de que se deu por pago et os quaes DCCCC.- se obrigou delos dar et pagar cada e quando que los demandar, como aver de garda et posito, sopenna de caer en aquelas pennas en que caen aqueles que teen garda et deposyto etç. Obrigaçon forte et firme etç. Para o qual lle obrigou todoslos seus beens que el ha enna aldea de Medeiros que quedaron de seu aboo Joan de Çebolino et que ten da casa de San Lazaro)*. (fol. 145)