GMH/ÍNDICE A-Z

1139
1461, febreiro, 21 sábado. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó clérigo Diego Gómez e a dúas voces o lugar de Ponte no Couto de Lor, freguesía de Santa María de Barxa, por renda anual de 160 marabedís o primeiro beneficiario, e 180 e 200 marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 19 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerqua da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, avido primeyramente noso acordo et madura diliberaçon, aforamos et damos en foro a vos Diego Gomes, clerigo reutor da iglesia parrochial de Santa Maria de Quintaa de Lor, et a duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamiento et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, o noso lugar chamado de Ponte, que perteesçe a os aniversarios desta dita iglesia de Lugo, que he en o couto de Lor, sub o signo de Santa Maria de Varzea, con todas suas casas et formaes et vinas et erdades, mansas et bravas, et arbores et pertenenças et con todos seus dereytos, segundo perteesçen a os ditos aniversarios et a nos por razon delles, per onde quer que vaan, a tal pleito et condiçon que levantedes as casas do dito lugar et as tenades levantadas, cubertas et ben reparadas vos et as ditas personas, et labredes et ponades de vinas as erdades do dito lugar, que foron vinas et agora estan desprovadas, et as outras erdades que as labredes et tenades alavoriadas et ben reparadas vos et as ditas personas en tal maneyra que se non vaan a ermo por mingua de lavorio; et dedes de foro, en cada un ano, en vosa vida por lo dito lugar çento et seteenta maravedis de moeda vella de longos, et a segunda persona que de çento et oyteenta maravedis, et a terçeyra persona que de dusentos maravedis da dita moeda, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, a o rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouver para os recabdar, por dia de San Martino de novembre; et que non posades, nen posa a segunda persona nomear por persona, nen dar o dito foro a escudeyro, nen home poderoso et se o fezerdes, ou fezer, que non valla; et con condiçon que cada huna das ditas persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo seguentes vena mostrar et insinuar a nos, o dito cabidoo, en como he persoa do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por ese mesmo feyto pergao o dito foro; et a finamiento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que o dito lugar fique libre et desenbargado con todas las cousas a el perteesçentes a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios con todos los boos paramientos que en el foren feytos et as casas del levantadas et cubertas et ben reparadas, et as vinas provadas et en boo paramiento, et as erdades del alavoriadas.

Et eu, o dito Diego Gomes, que presente soo asi reçebo o dito lugar et foro del para min et para as ditas persoas despoys de min por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas persoas de teer, conplir et pagar todo o susodito segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo damos et outorgamos et para que seia çerto outorgamos et mandamos dello fazer duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en un tenor huna para vos, o dito Diego Gomes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mays firmeza mandamos seellar a vosa carta con noso sello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia savado, viinte et un dias do mes de febreyro, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et un anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea, Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Diego Fernandes, Lopo Garçia et Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigos da dita iglesia, et Roy de Teyxeyro, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.
Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.

Et façades en ellas huna lagar et ponades en el huna cuba que fique ende en o dito lagar, ou en as casas, a finamento da postremeyra persona deste foro. Estas clausulas aqui escriptas deven estar dentro en o foro suso contiudo a este signal //.

Et por ende eu, o dito notario, firmo aqui de meu nome.

Petrus Alfonso, canonicus, notarius.