GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1239
1476, abril, 13. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Sanjurjo e a dúas voces os casais de Buíde, por renda anual de 120 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/17, perg. orix., galego, cortesá, 310 x 370 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a dita iglesia ante a porta por donde suben a os orgoos chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, de consintimento et outorgamento de don Alvaro Rodrigues de Goyoso, chantre de Santiago, arçediano de Neyra en a dita iglesia de Lugo, et prestameyro do prestamo coonisible de Boyde, que es en Caaboy, segundo que o dito consintimento pasou por lo notario a juso escripto et delo da fe, aforamos et damos en foro a vos Pedro Sanjurjo, fillo de Alvaro Nunes de Goyoso, defunto, que presente estades, et a outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra que seia quen nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seja persona deste foro quen herdar vosos bees de dereito ou a mayor parte deles, et asi da persona que subçeder despois de vos. Conben a saber que vos aforamos os [casares] de Booyde, que son sub signo de San Martino de [...], perteesçen a o dito prestamo coonisible de Boyde de que o dito chantre et arçediano de Neyra he prestameyro, con todas suas casas et casares et arvores et formaes et prados et pastos et herdades et rios et pesqueyras et montes et outras quaesquer cousas que lle perteescan, ou perteesçer devan, en qualquer maneira et por qualquer rason, os quaes ditos casares et foro deles oje en este cabildo renunçiou et dimitiu en nos Gomes Nunes de Goyoso, escudeyro, que diso que deles tyna foro, segundo que pasou por lo notario a juso escripto. O qual foro vos fasemos a tal pleito et condiçon que tenades as casas dos ditos lugares feitas et cubertas et ben reparadas en tal guisa que se non vaan a caer, et las herdades labradas et ben aprobeytadas; et dedes dos ditos casares et herdades de foro, en cada un ano, bos et vosas personas çento et vynte maravedis de moeda vella, contando tres blancas vellas et un dineiro por cada moravedi, et que os paguedes a o dito chantre prestameyro do dito prestamo en sua vida por cada dia de San Martino de novenbro, et despois del a os outros prestameyros que foren do dito prestamo, et non os pagando por dous anos que este dito foro seja vaco et se torne a o dito chantre ou a seus subçesores; et demays con tal condiçon que cada persona que depois de vos, o dito Pedro de Sanjurjo, subçeder en este dito foro que seja tiuda et obligada de se viinir mostrar et presentar como he persona deste foro fasta trynta dias primeiros seguintes ante nos, o dito cabildo, ou ante o dito chantre prestameiro, ou ante outro qualquer prestameyro que for do dito prestamo, et non ho fasendo asi que por ese mesmo feito esto foro seja vaco et se torne a o prestameyro que for en aquel tempo. Et demays que non posades nomear por persona deste foro a outro ome mays poderoso que vos. Et a finamento da postrimeyra persona que os ditos casares et cousas a eles perteesçentes fiquen libres et quitos et desenbargados a o prestameyro que for do dito prestamo con todos los boos paramentos que en eles foren feitos.

Et eu, o dito Pedro Sanjurjo, que estou presente por min et por las ditas minas personas asi resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro por los ditos çento et vynte maravedis bellos en cada un ano, pagos por cada dia de San Martin de cada ano, et con todas las outras condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o gardaremos et conpriremos et pagaremos todo asi. Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos. Et porque seja çerto nos las ditas partes outorgamos delo duas cartas de foro, anbas en un thenor, huna para vos, o dito Pedro Sanjurjo, et vosas personas, et outra para nos, o dito cabildo, et prestameyro do dito prestamo, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Sanjurjo, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et pasou todo o sobredito en a dita iglesia et cabildo, a trese dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et seys anos. Foron presentes a faser este foro: Alvar Dias de Lama, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; et Pedro Vaasques de Vaamonde, thesoreyro; et Afonso Martines de Galdo, et Gomes Ferrnandes et el bachiller, Pedro Ferrnandes das Camoyras, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Roy Peres, et Fernan Yanes, raçoeyros; et o dito Gomes Nunes de Goyoso, et Vasco Rodrigues, seu yrmao, escudeyros et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he presente foy et este publico instrumento de foro, segundo ante min pasou, con a renunçiaçion et demitiçion do dito Gomes Nunes et consyntimento do dito chantre et prestameyro con mina mao escripvi et en meu registro et protocolo ho sentey, et por ende fige aqui estes meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.

Gomes, apostolicus notarius.