GMH/ÍNDICE A-Z

236
1327, decembro, 1
Fernando Pérez véndelles a Xoán Martíns e á súa muller unha porción de herdade en Pedrido, freguesía de Santiago de Meilán, por 300 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/18, perg. orix., galego, gótica cursiva, 142x109 mm.

In nomine Domii amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Peres, fillo de Pedro Eanes, dito Moordomo, pedreyro, que foy, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iohan Martines, correeyro, et a vossa muler Mayor Peres, duas oytavas semente de herdade na agra de Pidrido, na leyra chamada da Alamella, et de si a suso [atroes] o terro de Françisco Martines no outro herdamento que eu y aio po-llo dito meu padre assi que vos perfaça y duas oytavas de centeo semente no dito herdamento con suas dereyturas, sub signo de Santiago de Meylae. Et reçebo de vos en preço por esta vençon treçentos soldos desta moneda del rey don Fernando, que foy, de que me outorgo por ben pagado. Et obligo por min et por todos meus bees de vos facer esta vençon de pas a todo tempo. Et de mays iuro a os santos avangeos, que tango corporalmente con minas maos que nunca contra esta vençon vena por min nen por outren por nenhuna rason que seia, desoge mays avedea sempre en pas vos et toda vossa vos pus vos todo meu senorio et poderio ende seia fora de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en dia de kalendas deçembras, era de mill et CCC LXª et çinco annos.

Testemoyas: Fernan Domingues, morador en Suyllam, dito Sayoane; Pedro Eanes dito Rascado; Domingo Eanes, mercador, Fernando Garcia. Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esta vençon presente foy et esta carta scrivi et puge y meu sinal et vi commo o dito Fernando Peres iurou nos santos avangeos que nunca contra esta vençon veesse por raçon de meor ydade nen d’engano nenhun. (+).