GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

278
1331, setembro, 28
Cláusula testamentaria dun veciño de Viveiro.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 74r.

Sabeam [quantos esta carta viren] [...] commo eu Iacome Eanes, notario publico de Lugo, vy et ley [hun testamento] [...], morador en Viveiro, o qual testamento fora feyto por Iohan Peres, notario de Lugo, [...] se começava assy: «En nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta virem [...], morador en Viveyro, iaçendo doente etc...» o qual testamento fora feyto segundo se en el [continna era de mill et CCC LX] VIIIIº annos, dous dias por andar do mes de setembro. Enno qual iaçian escritas por testemoyas: Affonso Eanes de Villalba, et seu fillo Iohan Affonso, et Pedro Ferrnandes Cubiiça, et Iohan Ferrnandes d’Avoz, et Domingo Martines pescado, et Iohan Ferrnandes de Vilalva, et outros. Enno qual testamento se contina entre las outras cousas: «Item mando por aniverssario a mea de a leyra sarada que ias en Castello entre anbo-los caminos, a qual aio con Affonso Rodrigues, da qual me mandou o seu quinon Fernando Peres; et a qual aian depoys da morte de Affonso Eanes por mina alma, et de Fernan Peres a iglesia de Lugo. Testemoyas: Iohan Ferrnandes, raçoeyro; et Iacome Eanes, mercador, morador a a Crus; et Gomes Pelaes; et Affonso Eanes, clerigo da iglesia de Lugo, et outros».

Eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy esta clausulla en mia presença fiz tirar do testamento et fige escrivir en este livro, et a rogo d’Aras Pellaes puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).