GMH/ÍNDICE A-Z

169

1421, xaneiro, 18.
Carta de dona Constanza, filla do conde don Pedro, na que asegura que a súa intención e a do Conde non é facer mal nin mandalo facer ós veciños de Santiago, polo que estes podían ir por todo o seu condado coas súas mercadorías, sen ningún medo.

Conçello e alcalles e regidores e omes bõos da çidade de Santiago. Eu dona Costança, filla do conde don Pedro, vos enbio soudar como a aqueles para quien moyta honrra querria; sabede que reçeby vosa carta que me enbiastes e entendi ben o que me escrivistes e vos sabede que a a entencon de meu señor o conde non he de fazer mal nen mandar fazer a vos nen a vosos vezinos nen a outros, algũos ante a sua entençon he de os defender e honrrar, nen el tal cousa nunca enbiou mandar nen en eso mesmo e se algũos fezeron o que non devian a algũos do arçobispado eu remediarey sobrelo segundo veeredes. Por ende ben podedes viinr (sic) e yr por todo o condado de meu señor o conde con vosas mercadorias se quiserdes e non ajades medo que vos ninhuu faça mal nen dano que eu por esta mina carta vos aseguro que ben sabedes vos que a entençon de meu señor o conde fui e he de os caminos andaren seguros e de vos defender a vos e a todos los outros que queran buscar sua vida e por ende non avedes que duldar de yrdes buscar vosas vidas por todo seu condado e ende vos (...) e Deus vos de a sua graça. Escripta quinse dias de janeiro. Dona Costança.
Este he o traslado da sobre dita carta da dita dona Costança, a qual era scripta en papel e firmada de seu nome e a qual, eu Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por Rui Martines, notario publico da çidade de Santiago vy e lii e aqui ben e fielmente a fiz trasladar de verbo a verbo a aqual dita carta e traslados dela Gomes Rodriges, Bachiller en Decretos e alcallde enna dita çidade dou sua abtoridade e interposo seu decreto para que voluese e fesese fe en juiso e fora del a pedimento de Nuno Gonçales Vinagre, procurador do conçello da dita çidade a des e oyto dias do mes de janeiro, anno do Nasçemento do Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e viinte e hũu annos, estando presentes por testemoyas aa dita abtoridade, Martin Galos, jurado da dita çidade e Fernan Gomes e Juan d’España, vezinos da dita çidade e aqui en este traslado meu nome e signal poño, que tal he.