GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1186
1468, decembro, 14 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Martínez e a dúas voces o casal e herdades de Cos na freguesía de Santiago de Piúgos, por renda anual de dúas fanegas de centeo e un par de capóns.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 38 r.

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nomeados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos a vos Afonso Martines de Peyteyros, morador en Peyteeyros, et a outras duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto, et asi da persona que vos nomeardes, et as taes personas que seian vosos semellables. Conven a saber que vos aforamos o noso casal et herdades chamado dos Coos, que nos teemos et perteesçe a os aniversarios desta iglesia de Lugo en a fleygrisia et sub o signo de Santiago de Piugos, o qual casal vos aforamos con todas suas herdades brabas et mansas et montes et prados et pastos et rios et sibeyros et casas et casares et arvores et formaes, segundo que ten et lle perteesçen ou perteesçer deben sub o dito signo ou en outra qualquer partes donde as tena et aia; et avedes a dar vos et as ditas personas, que despois de vos subçederen en o dito foro, en cada un ano por lo dito casal et herdades duas fanegas de çenteo medidas por medida dereyta desta çiudade, en todo o mes de setenbre, et por Natal de cada un ano un par de capoes, et avedes de pagar o dito pan et capoes, en cada un ano, vos et as ditas personas a o rendeyro et colledor dos aniversarios desta dita iglesia de Lugo en esta çiudade de Lugo en sua casa de morada; et as personas, que despois de vos subçederen en o dito foro, seian tiudas et obligadas do dia que subçederen por personas del de se viiren mostrar et presentar como son personas del ante o dito cabildo fasta treynta dias primeyros seguentes so pena de o perderen. Et a finamento da postremeyra persona que o dito lugar et herdades del et casas, se as y feserdes, fique todo libre et quito et desenbargado a a dita iglesia de Lugo, cuio he, con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Afonso Martines de Peyteeyros, que presente estou asi resçebo este dito foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, para min et para as ditas minas personas con todas las condiçoes sobreditas, et obligo a mi et a meus beens et das ditas minas personas de o conplir et pagar todo asi segundo arriba se conten. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos. Et eu, o dito Afonso Martines, asi o resçebo para min et para as ditas personas. En fe do qual mandamos delo fazer a o notario iuso escripto duas cartas de foro anbas en un tenor huna para vos, o dito Afonso Martines, et vosas personas et outra para o dito cabildo, et mandamos seelar a vosa con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou en o dito lugar, dia quarta feyra, catorze dias do mes de dezembre, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et Roy Lopes, liçençiado en decretos, juis; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Diego Ferrnandes de Luases, arçediano de Bubale, canonigo et vicario do dean; et Diego Vasques, Simon Alvares, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, Pedro de Mera, Diego Gonçalves, Gomes Ares, Afonso de Galdo, canonigos et benefiçiados da dita iglesia, et Roy Lopes de Teyxeyro, canonigo de aniversrio et rendeyro dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou, a pedimento das ditas partes fielmente escripvi et en meu registro et protocolo ha sentey et por ende fize aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.