GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

994
1423, xuño, 30. Lugo

Don Xoán Ruíz, vigairo xeral no bispado de Lugo, afóralles a Diego de Mazoi, á súa muller e a unha voz durante 70 anos un casal nos lugares de Brandián, Penelas e Francos, freguesía de San Fiz de Robra, por renda anual dunha carga de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/13, perg. orix., galego, cortesá, 256 x 280 mm.
       

Sabean quantos esta carta viren como eu don Johan Ruys, bacheller en decretos, arçediano de Grado, vicario geeral et provisor en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, porque entendo que esto he prol et proveyto da messa obispal do dito senor Obispo et de sua iglesia, et outrosi de consello et acordo et vista de Juan de Ruvyaes, ofiçial para esto do dito senor Obispo, aforo et dou et outorgo en renda et foro a vos Diego de Masoe, et a vosa muller, Eynes Ferrnandes, moradores en Brandian, et a vosa vos hun casal de erdade que o dito senor Obispo ten et ha en o dito lugar de Brandian et en Penelas et en Francos, et en a agra da Oytava, et en a agra da Franca, et con o terreo do Cançello como se parte deslo cançelo ata a fonte da Pena et topa en as cortinas de Brandian, que ora ias en toxal, que he su o signo de San Fiis de Robra, et segundo que perteesçe todo a o dito senor Obispo et sua iglesia, asi as herdades do dito casal que iasen en monte como as que iasen labradas, a montes et a fontes, con todas suas entradas et seydas et froytos et rendas et dereituras et iures et pertenenças por onde quer que vaan, et segundo que suya teer et labrar o dito lugar Domingo Peres de Brandian, et outros por la dita iglesia de Lugo; o qual dito casal et terreo vos dou en foro et renda a vos et a vossa vos d’oie dia festa de Santa Maria ata seteenta anos primeiros seguentes, a a tal pleito et condiçon que vos tiredes et façades tirar de monte as ditas erdades do dito lugar et terreo que en el iasen, et faserlas labrar et çarrar ben en tal maneira que se non pergan con mingoa de laborio et de boo paramento; et que dedes de foro et renda por lo dito casal et erdades del et terreo huna carga de pan çenteo limpo de poo et de palla, de cada ano, por la medida dereita en pas et en salvo en o dito lugar a o dito senor Obispo, ou a o moordomo et colledor que andar en a terraria de Robra por lo Bispo de Lugo; et a cabo dos ditos anos que o dito casal et erdades del et terreo fique libre et quito a o Bispo de Lugo et sua iglesia con todos los boos paramentos que en el foren feitos, et o que labrar o dito casal et erdades del et terreo que seia libre et defeso et anparado de todas monedas et peytas et pididos et tributos quaesquer que vieren en o dito tempo, segundo que o foren et deven seer os outros caseiros et serviçaes et labradores do dito Obispo et iglesia de Lugo.

Et eu, o dito Diego de Mazoe, que presente estou asi reçebo o dito foro et renda do dito casal et erdades del et terreo de vos, o dito vigario, para min et para a dita mina muller et para nosa vos por lo dito tempo, et obligo meus bees et da dita mina muller et de nosa vos de o atender et comprir todo asi segundo dito et declarado he de suso. Et eu, o dito vigario, asi vos lo outorgo, et porque seia çerto deyvos esta carta firmada de meu nome et signada con signo de Diego Meendes, notario.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, triinta dias do mes de junyo, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: Vaasco Rodrigues, et Arias Peres da Ferraria, notarios; et Pedro de Castro, morador en Meylan; et Fernan de Peugos, ome do dito vicario, et outros.

Jo. archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Diego Meendez, notario publico da dita çiudade de Lugo por autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado et outorgamento do dito vigario, que vy aqui firmar seu nome, et a pedimento do dito Diego de Mazoe esta carta escripvi et puge en ela meu signo en testemoyo de verdade.

Diego Gomes, notario.