GMH/ÍNDICE A-Z

19

1417, xaneiro, 2.
O Concello delega no Rexedor Martín Serpe, para que tome xuramento a Pedro Eanes Abraldes e Fernan Aras Xarpa, que foran nomeados xustizas de Santiago, polo arcebispo D. Lope de Mendoza.

Enno anno do Nasçemento de Nosso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete annos, dia sabado dous dias do mes de janeiro. Sabean todos que seendo o conçello da çidade de Santiago juntado por crida de anafil segundo que han de custume enno moesteiro de San Payo d’Antealtares da dita çidade, presentes ende Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril et Fernan Gonçalves do Preguntoyro et Juan Ares da Canna, Martin Serpe, jurados et regidores enna dita çidade, enton o dito Martin Serpe por mandado o dito conçello tomou juramento sobre signal de Crus en lugar do Santos Avangeos, de Pero Eanes Abraldes et de Fernan Ares Xarpa que presentes estavan, os quaes nosso señor o arçobispo de Santiago don Lopo nonbrou et dou pos justiças enna dita çidade este dito anno que ben et verdadeiramente ussarian do dito ofiçio de justiçado et gardarian serviço de noso señor el rey et do noso señor arçobispo et da sua iglesia de Santiago et obedeesçerian suas cartas et mandado et amarian por la onrra da dita çidade et visiños et moradores dela et gardarian dereito et justiça a o grande et a o menor. Et os sobreditos Pero Eanes et Fernan Aras asy o juraron et prometron de faser et conprir. Et feyto o dito juramento o dito conçello regidores jurados et omes bõos diseron que reçebian et reçeberon por justiças da dita çidade este dito anno a os sobreditos Pero Eanes et Fernan Aras Xarpa. Testemoyas Vaasco Peres Abril et Vaasco Troquo, Aras Fernandes do Vilar et Gonçalvo Abril, visiños da dita çidade. //  
(Fol.9)
(Fol.11)
Estas duas follas que de aqui faleçen tirey eu Rui Matines, notario, deste libro por quanto os escrivãaos de miña notaria lançaron ende algũas escripturas que non devian ser aqui asentadas.