GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1399
1498, xuño, 20. Diomondi
Subforo dun casarello en San Pedro de Diomondi outorgado por Roi da Ponte a favor de Roi Vázquez, por renda anual de catro marabedís vellos.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/15, perg. orix., galego, cortesá, 230 x 145 mm.

Sabean quantos esta carta de foro vyren como [eu] Ruy da Ponte, morador en a fregesia de San Pedro da [...], a vos Roy Vasques Sajaao, morador en Belsar, conven a saver que vos aforo o meu casarello [...] entre lo forno de Pedro de Diomonde et vay parar en outra parte en a casa que foy de Vasco, alfayate, aforo [...] en as vozes et personas que eu teno aforado de Pedro de Diomonde, et perlongandeo por mays tenpo en o dito meu foro o asi perlongo para vos et vosas vozes, con tal preyto et condiçon que o corregades et o tenades correjido, et me diades cada hun ano do dito casarello coatro maravedis vellos.

Eu, o dito Roy Vasques Sajaoo, que presente soo, asi o resçebo este dito foro de vos, o dito Roy da Ponte, et ovrigo a min et a todos los meus veens de o conprir et pagar. Eu, o dito Roy da Ponte, asi vos lo outorgo, et ovrigo a min et a todos los meus beens a faservos este foro saao et de pas durante meu foro. Et poemos de pena nos as ditas partes que contra esto pasar et o non conprir que perça de pena mill maravedis, medeos a voz del Rey et os medeos a a parte que o conprir et gardar de per medeo, et a pena paga ou non que este foro seia firme et valla durante seu tenpo. Et porque esto seia çerto et non vena en duda nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario presente que faga huna carta de foro a o dito Roy Vasques et suas personas et a firmase de seu nome et sinase de seu sino.

Que foy feyto et outorgado en o Mosteiro de Diomonde, a vinte dias andados do mes de junio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et cuatroçentos et noventa et oyto anos.

Testigos que foron presentes: Pedro Vasques de [...]no, et Juan Fernandes, et Juan d’Argiveira, morador en San [...], et outros.

Eu Rodrigo de Segen, clerigo de la diocesis de Lugo, notario puvrico por la autoridade apostolica, [en un con] os ditos testigos presente foy, esta carta de foro escrivy por rogo et mandado das ditas partes et [por en]de meu nome et meu sino fiz en testimonio de verdade que tal he.

Rodrigo Segen, notario (signo).