García Pais, clérigo, e Maior Pérez véndenlle ao bispo de Lugo unha casa en Triacastela por 500 marabedís.
Era de
mill et CCCª seteenta et hun annos, doçe dias de março.
Sabeam quantos esta carta vieren commo eu Garcia Pays, clerigo de
Llynares, et eu Mayor Peres, vendemos a vos don Iohan, bispo de Lugo,
a nossa cassa que nos feçemos en Triacastella, assy commo esta
feyta con sobrados et con camaras, a qual cassa entre (sic) a praça
da iglesia et da outra parte a cassa do forno de Fernan Rodrigues,
clerigo, en que mora Iohan Calvelin; et vendemosvos a dita cassa con
todas suas entradas et seydas, et reçebimos de vos en preço
sabudo por esta vençon quinentos maravedis da moneda del rey
don Fernando, a oyto soldos cada maravedi, de que somos ben entregos
et ben pagos, et oie este dia da era desta carta nos os sobreditos
Garcia Pays, clerigo, et Mayor Peres nos poemos fora do iur et da
possison da dita cassa, et metemos logo en ella a Marcos, vosso onme,
que a reçebio et entrou por vos et en vosso nome, et
outorgamos por todos nossos bees de vos enpararmos con esta vençon
a todo tempo; et quen vos contra esta carta quisser passar peyte a
vos del rey mill maravedis et a carta seia senpre firme. Et por que
todo seia çerto et non vena en dullta mandamos a Iohan Garcia,
notario publico del rey en Triacastella, que feçesse ende esta
carta.
Testemoyas
chamadas et rogadas que presentes foron: Domingo Garcia, Pedro
Galego, alcalles de Triacastella; Iacome Eanes, iuys; Iacome Eanes,
escudeyro; Martin Peres, Iohan Calvelin, Iohan Cotena, Iohan Peres,
çapateyro, moradores en Triacastella; Garcia Affonso, Affonso
Rodrigues, Fernan Peres de Grilfree. Et eu Iohan Garcia, notario
sobredito, a esto foy pressente, et por mandado dos sobreditos Garcia
Pays, clerigo, et Mayor Peres escrivi esta carta et puys en ela meu
signo que he tal en testemoyo de verdade. (+).