GMH/ÍNDICE A-Z

301
1334, xaneiro, 13. Lugo
Afonso Eanes e os seus irmáns véndenlle ao racioneiro Xácome Eanes o que lles corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 30 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 117x421 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Affonso Eanes et Pedro Eanes et Fernan Eanes et Sancha Eanes, fillos de Iohan Carriço et de Maria Pelaes de Rimiae, por nos et en nome de nosas yrmaas, Maria Ferrnades et Tereyia Ferrnandes, por que obligamos a faser de pas, de bon curaçon et de boa voontade vendemos a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, hun dineiro cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço de Pedreda conna vianda et renda et serviço et iur do padroadigo de presentar que avemos enna dita iglesia. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon triinta soldos desta moneda del rey don Affonso de que nos outorgamos por entregos et ben pagados, et renunçiamos a exçepçon do aver non contado, et d’engano mays ca da meatade do dereyto preço, et toda outra boa raçon et exçepçon que por nos posamos aver para contra esta vençon viir, que as non posamos diçer nen alegar por nos nen por outrem en iuyço nen fora del. Et para esto comprir et guardar et para contra esta vençon non viir, façemos iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con nosas maos, et obligamos nos et todos nossos (sic) de vos faser senpre esta vençon de pas, et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vosa vos pus vos todo nosso poderio et senorio ende seia sacado et removudo de nos et posto en vos. Feyta a carta da vençon en Lugo XIII dias de ianeiro, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Fernan Martines et Iohan Martines de Milleyros; Roy Ferrnandes de Rimiae, Affonso Eanes.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et vi commo os sobreditos feçeron o dito iuramento et esta carta fis escrivir, et puge en ella meu signal. (+).